
Este proxecto non supón a produción de bens e servizos destinados ao mercado senón que, coa súa execución, levarase a cabo a adquisición dun tractor para limpezas, arados traslados, etc..Isto permitirá unha mellor xestión dos bancos marisqueiros e, como consecuencia, unha mellora na produción de moluscos bivalvos, o que repercute economicamente en cada un/ha dos/as mariscadores/as, que son os beneficiarios finais do mesmo.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Mellora das condicións do substrato dos bancos para facilitar a fixación e desenvolvemento dos moluscos bivalvos.
- Menos lesións dos mariscadoras/es polo esforzo na remoción e limpezas dos bancos marisqueiros, que actualmente realízanse de xeito manual.
Incrementar a produción dos bancos marisqueiros, realizando traballos de arado e limpezas máis frecuentes e, en consecuencia, aumentar o número de mariscadoras/es que traballen nos mesmos.
A actividade marisqueira tivo sempre unha grande importancia dentro do conxunto da actividade económica galega, sobre todo no pobo de Rianxo, no que é fonte de sustento dunha parte moi importante da súa poboación, traducíndose na necesidade de non producir unha sobreexplotación dos bancos, que tería como consecuencia máis inmediata unha diminución da súa produtividade e unha alteración do medio mariño. Polo tanto, é necesario manter e incrementar a capacidade produtiva xestionando o recurso e evitando a sobreexplotación, que só se pode conseguir cun control e boa xestión dos recursos a través de plans de xestión.
O proxecto consiste na adquisición dun tractor para servizos de acuicultura no marisqueo a pé. Con el efectuaranse labores de arado, remoción e aireación do substrato, limpezas de algas, argazos e lixo e traslados e sementeiras no ámbito das Autorizacións da Confraría de Pescadores “Virxe do Carme” de Rianxo.
As características do mesmo son as que se detallan a continuación:
- Tractor New Holand mod. TD4, 90F, de 4 cilindros con cambio 12+12 inversor mecánico, con dobre bomba hidráulica, mariñado para traballos en praias.
- Cabrestante dianteiro hidráulico de 5 TN.
- Cultivador forestal de 5 dentes marca Zeppelin.
- Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical , da innovación en todas as fases da cadea de subministración dos produtos pesqueiros e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
- Reforzo das comunidades no desenvolvemento local e de goberno, dos recursos pesqueiros (marisqueiros) e actividades marítimas locais.
Acadar a incorporación laboral ou profesional da mocidade e a profesionalización do sector.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)