Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

AMEGROVE COIDA O MAR

O proxecto céntrase na recollida e traslado a terra de lixo plástico derivado das actividades acuícolas, a través da concienciación medio ambiental do sector acuícola. Vaise a promover a integración e a cohesión, contribuíndo a reforzar o dinamismo social, económico e ambiental da zona costeira.

 

O proxecto consiste na realización de distintos procesos que pretenden fomentar a economía circular vinculada á actividade marítimo pesqueira, colaborando con outros axentes do territorio. O sector pesqueiro participará nun programa de sensibilización e concienciación ambiental para a recollida de plásticos no mar durante a súa actividade produtiva, para o seu traslado á terra, en Porto Meloxo

Datos xerais
Acrónimo: 
AMECOMAR
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
AMEGROVE, S. COOP. GALEGA
Datos de interese: 
http://amegrove.es/
Perfil empresarial: 
ENTIDADE PRIVADA / EMPRESARIO INDIVIDUAL
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro de 2018 bases reguladoras concesión axudas proxectos FEMP 2014-2020
Convocatoria - ano: 
2021
Data de aprobación: 
13/08/2021
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
18
Anualidades: 
2021-2022
Data fin de execución: 
31/10/2022
Ámbito de aplicación: 

O proxecto levarase a cabo no Concello de O GROVE

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
54.198,10€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
47.578,18€
Total axuda pública aprobada (€): 
23.789,09€
% Subvención: 
50%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
20.220,73€
FEMP (%): 
85%
CA (€): 
3.568,36€
CA (%): 
15%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O principal obxectivo é o de promover o coidado do medio mariño implicando ao sector pesqueiro na recollida e transporte a terra de lixos plásticos, aproveitando as saídas das embarcacións ao mar. O proxecto contempla tamén a colaboración cunha entidade de inclusión social, no que ten que ver coa sensibilización de armadores e armadoras, polo que este proxecto contribúe a reforzar o dinamismo social e ambiental da zona costeira.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Co proxecto preténdese coma resultado principal implicar ao propio sector acuícola no coidado do seu medio de traballo, concienciando da necesidade de introducir boas prácticas no seu día a día en favor do coidado do mar.

Preténdese reducir a cantidade de lixo plástico na contorna do Grove, e colaborar coa entidade de inclusión social para transformar eses refugallos derivados da produción de mexillón en obxectos cunha segunda vida útil, colaborando para xerar un proxecto de economía circular. Este proxecto perseguirá a concienciación do sector pesqueiro e á sociedade en xeral, da necesidade de respectar o medio ambiente mariño e costeiro.

 

Principais actividades do proxecto: 

As actividades que se van a desenvolver son as seguintes:

Zona de depósito dos plásticos

O primeiro paso neste proxecto de sostibilidade ambiental consta da recollida de plásticos no mar por parte do sector pesqueiro, e o seu depósito en terra, nun espazo acondicionado para este fin nas instalacións de Amegrove. Dende o sector da acuicultura tense constancia da existencia de residuos plásticos no medio mariño, xa sexa a causa da actividade produtiva do propio sector produtivo (palillos, cordas, redes rotas, sacos, etc.) ou pola actividade humana e os plásticos que chegan ao mar (botellas e outros residuos).

Programa de sensibilización ambiental dirixido ao sector pesqueiro

O programa de sensibilización diríxese aos socios e socias armadoras que forman parte de Amegrove S. Coop. Galega, co obxectivo de motivar e implicar para a participación no proxecto. Este programa inclúe actividades de sensibilización e boas prácticas nas embarcacións (tipo de lixo a recoller, limpeza dos obxectos, etc), así como materiais de divulgación do proxecto.

Comunicación e divulgación do proxecto

Este proxecto enmárcase no selo de calidade ambiental Friend of the sea, que pretende animar ás entidades que se adhiren ao mesmo a implementar medidas de coidado do medio mariño en actividades relacionadas coa produción pesqueira. Mediante a comunicación do proxecto preténdese facer visible esta acción sustentable, e dar valor á implicación do sector pesqueiro no coidado do medio mariño

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

6.- Fomento da cooperación

Obxectivo específico da EDLP: 

6.1.1. Proxectos de cooperación entre entidades, sectores e territorios, para afianzar o desenvolvemento da zona pesqueira

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)