
O proxecto ten dúas areas de actuación.
Por un lado, referente a preservación do medio mariño e dos seus recursos pesqueiros e co obxectivo de garantir unha pesca sostible, adquiriranse diversos equipamentos para mellorar e reforzar o servizo de vixilancia dos bancos marisqueiros da entidade e control do furtivismo e da asistencia técnica. Estes equipamentos que se pretenden adquirir (microscopio, cámara somerxible Go-Pro, dron, cámara fotográfica e visor térmico), serán gardados na oficina da vixilancia da entidade e na oficina da Confraría, situada no edificio da lonxa e no edificio da Confraría do Grove, respectivamente.
Por outro lado, realizaranse dúas actividades formativas.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O obxectivo xeral deste proxecto e o desenvolvemento de medidas e accións orientadas á preservación do medio mariño e dos recursos pesqueiros para garantir unha pesca sostible.
Este obxectivo está relacionado cos obxectivos específicos do FEMP, posto que a finalidade é o mantemento de postos de traballo no sector do mar, compatibles coa preservación do medio mariño e que melloran a competitividade, o equilibrio e a sostenibilidade (obxectivos da cohesión territorial).
Os principais resultados que se pretenden acadar son os seguintes:
- Realización de accións formativas de reciclaxe profesional.
- Adquisición de equipamento para un mellor control, vixilancia e erradicación do furtivismo.
- Control, vixilancia e erradicación do furtivismo.
- Aproveitamento sostible do medio mariño.
Realizaranse dúas actividades formativas:
- Dirixida aos garda rurais que traballan na Confraría de Pescadores "San Martín", sobre os usos e manexos dun dron para levar a cabo accións de control do furtivismo.
- Dirixida ao público en xeral, priorizando mulleres, xuventude, maiores de 55 anos e parados/as de longa duración, sobre os usos que se poden dar as cunchas.
Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono.
Desenvolver medidas que melloren a calidade ambiental da Ría de Arousa.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)