Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Concienciar sobre a necesidade de reducir o consumo de plásticos

 

Esta é unha das imaxes empregadas na unidade didáctica impartida esta mañá no CPI O Progreso de Catoira, onde o alumnado de 4º da ESO participou nunha sesión de educación medioambiental dentro do programa de sensibilización A NOSA RÍA. Durante a actividade puideron visualizar a excesiva cantidade de plástico que se usa nas embalaxes dos produtos que consumimos habitualmente, e coñeceron os graves efectos negativos que isto pode supoñer para a flora e a fauna mariña, e tamén para as persoas. O temporal impediu completar a xornada cunha recollida de lixo na praia, como estaba previsto.