O proxecto pretende a colaboración entre tres entidades do concello de A Pobra do Caramiñal que deben colaborar entre si para acadar o éxito do mesmo, que son a Confraría de Pescadores, o sector hostaleiro e o concello. Acadando sinerxías deste tipo é fundamental para o desenvolvemento económico da zona.
Este proxecto suporá a posta en valor do traballo das xentes do mar, especificamente das mariscadoras que son maioría no marisqueo a pé.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Todas as actividades deseñadas neste proxecto teñen como obxectivos:
- Poñer en valor os produtos do mar que se cultivan na Ría de Arousa, en concreto nas praias do Concello da Pobra.
- Dar visibilidade ao traballo realizado polas mulleres do sector do marisqueo a pé.
- Potenciar a gastronomía galega que ten como base o marisco da ría.
- Implicar ao sector de restauración nas actividades de turismo mariñeiro.
- Desestacionalizar a demanda turística.
- Unha maior implicación e participación das traballadoras do sector marisqueiro na promoción do produto das explotacións marisquiras.
- O incremento do valor engadido aos produtos do marisqueo mediante a súa elaboración e posterior venda no propio sector hostaleiro do municipio.
- A diversificación da oferta turística do concello, co obxectivo principal de conseguir a desestacionalización a través do turismo mariñeiro.
No marco deste proxecto, prevese a realización das seguintes actividades:
- No Auditorio Municipal, charla informativa sobre a actividade e visualización dun vídeo sobre a explotación pesqueira na ría e a súa importancia para a comarca.
- Na casa mariñeira, exposición de aparellos e artes de pesca.
- Na praia, experiencia de marisqueo a pé, con vestimenta e aparellos precisos. Trátase de actividade non extractiva.
- Casa mariñeira, Showcooking, degustación e cata de viños e entrega de recetarios.
As mulleres do sector de marisqueo a pé serán as encargadas de facer de guías tanto na exposición de artes de pesca como na actividade na praia. As actividades serán organizadas e supervisadas polas técnicas de turismo do Concello.
2. Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara a novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación a innovación e o fomento do emprego.
2.2. Incrementar a diversificación do sector pesqueiro cara ás actividades turísticas, traballando nunha estratexia integrada na zona costeira e facendo fincapé no turismo mariñeiro.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)