Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Gran acollida do Curso de Turismo Mariñeiro Mar das Illas en Cortegada

 

Este vernes 6 de xullo desenvolveuse unha xornada práctica do curso de turismo mariñeiro Mar das Illas do GALP Ría de Arousa no Parque Nacional MT Illas Atlanticas de Galicia, na illa de Cortegada.

Os participantes, puideron coñecer e poñer en practica, mediante unha visita guiada no PN , os coñecementos teóricos adquiridos no curso sobre interpretación do patrimonio natural e cultural do Parque Nacional, para adaptalos ás visitas de turismo mariñeiro que desenvolverán nun futuro.