Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Mellora da gobernanza na xestión marisqueira no ámbito territorial

Mellora da gobernanza Confraria Vilanova de Arousa

O proxecto consiste na mellora da eficiencia enerxética da lancha da vixilancia da Confraría de Pescadores A Pastoriza de Vilanova de Arousa. Pretendese garantir unha explotación sostible e controlada, mellorando a vixilancia e control das zonas de explotación do ámbito territorial da Confraría, garantindo unha mellor coxestión dos recursos e hábitats costeiros de importancia para a produción dos organismos mariños dun modo responsable, equilibrado, sustentable e competitivo, que á súa vez permita mellorar as condicións de vida e traballo dos homes e mulleres do mar e garanta o seguimento da súa explotación. Esta tradúcese nun aumento a profesionalización do sector.

Este proxecto pretende axudar a unha xestión sostible da explotación dos recursos marisqueiros e dos hábitats costeiros dentro do ámbito territorial da confraría de Vilanova de Arousa, baseada fundamentalmente na vixilancia e salvagarda do medio mariño, tarefa encargada a realizar polo persoal de gardapesca da confraría que en colaboración con gardacostas se encargan de ditas tarefas entre outras. Como, por exemplo, no control dos mariscadores e mariscadoras das zonas que poden traballar e colaborar nun control rigoroso no acceso os recursos nas inmediacións das áreas de explotación.

Por outra banda, o persoal de gardapesca da confraría de Vilanova de Arousa acude aos areais de libre marisqueo xestionados polo plan de explotación dunha asociación onde acoden socios da confraría a vixiar, comprobar e garantir que o persoal mariscador traballa nas zonas e áreas permitidas e realizar o control dos produtos que se extraen. 

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Confraría de Pescadores "A Pastoriza" Vilanova de Arousa
Datos de interese: 
www.cofradiavilanovapastoriza.org
Perfil empresarial: 
Organización de pescadores
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 27 de decembro de 2021 de bases reguladoras para a concesión de axudas a proxectos FEMP 2014-2020.
Convocatoria - ano: 
2022
Data de aprobación: 
08/09/2022
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
-
Anualidades: 
-
Data fin de execución: 
08/09/2022
Ámbito de aplicación: 

O proxecto será executado no Concello de Vilanova de Arousa. En concreto, o seu eido de actuación coincide co ámbito territorial da Confraría de Pescadores “A Pastoriza”, dende o Rego do Alcalde ata o Regato Aduana de Corón. Tamén na zona da ría da Arousa, nas inmediacións do ámbito territorial, nos bancos de libre marisqueo.

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
-
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
-
Total axuda pública aprobada (€): 
-
% Subvención: 
-
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
-
FEMP (%): 
-
CA (€): 
-
CA (%): 
-
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  • Reducir a pegada de carbono da Confraría mediante a innovación e melloras acadadas das novas tecnoloxías.
  • Aumentar a protección e coidado do medio ambiente na ría de Arousa.
  • Reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos pesqueiros.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Diminución do gasto enerxético e reducir a contaminación das actividades cotiás e a pegada de carbono. Garantir unha explotación sostible e controlada.

Principais actividades do proxecto: 

Tamén pretende continuar cos labores de seguimento e mellora medioambiental dos bancos de explotación, xa que a embarcación da Confraría tamén é usada coa finalidade de dar soporte aos traballos que realiza a asistencia técnica da Confraría para protexer e estudar o estado medioambiental, poboacional, da biodiversiade, etc. do seu ámbito territorial. Ademais, tamén se usa dito medio para acudir ás accións de mellora medioambiental efectuadas e supervisar os traballos de dita índole nos bancos destinados a explotación de marisqueo a flote e mergullo. Para a consecución de todos os obxectivos citados anteriormente e a correcta execución e implantación de todos estas medidas será necesaria a incorporación dun motor con potencia suficiente na lancha de vixilancia da Confraría usadas polos dos gardapesca, asistencia técnica e persoal traballador da confraría. Ademais o novo motor reducirá o consumo, o que contribúe ao aforro enerxético e, polo tanto á redución das emisións de CO2. Polo tanto, a actividade consistirá en instalar un motor novo na lancha de vixilancia. Todas as activades serán realizadas por persoal experto xunto coa implicación e axuda do sector. A área a desenvolver ditas actividades é no ámbito territorial da Confraría de Vilanova de Arousa e os bancos de libre marisqueo nos que traballan as súas persoas socias.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo 3. Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e da transición a unha economía de baixas emisións de carbono.

Obxectivo 5. Reforzo das comunidades no desenvolvemento local e da gobernanza, dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais.

Obxectivo 6.1. Incrementar a cooperación entre entidades de dentro e fóra do territorio do GALP para reforzar a sinerxía e o establecemento de redes, na mellora dos diferentes sectores e no desenvolvemento das zonas pesqueiras.

Obxectivo específico da EDLP: 

Obxectivo 3.3. Reducir porcentualmente a pegada de carbono e incrementar o emprego de enerxías limpas e renovables.

Obxectivo 5.1. Acadar maiores índices de participación e implicación do sector no desenvolvemento sostible da zona costeira.

Obxectivo 1.1. Conseguir a cooperación entre entidades do sector para mellorar a valorización dos recursos pesqueiros a través da promoción comercial e a aposta pola súa calidade diferencial.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)