Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O alumnado do programa RELEVO2020 fará a exposición de proxectos a próxima semana

 

O pasado 15 de xuño o alumnado que participa no programa RELEVO2020 entregou proxectos con ideas para dinamizar os territorios costeiros dos GALP Costa Sostible, Golfo Ártabro Norte, Golfo Ártabro Sur, A Mariña-Ortegal e Ría de Arousa. Estes proxectos, que xa foron avaliados polo xurado, recibiron unha calificación provisional que pode ser consultada no seguinte documento:

https://galp.xunta.gal/ria-de-arousa/valoracions-do-traballo-escrito-relevo2020-0

O próximo martes 22, as alumnas e alumnos deberán facer unha exposición oral dos proxectos diante do xurado para recibir a avaliación definitiva do seu proxecto. Os horarios poden ser consultados no seguinte documento:

https://galp.xunta.gal/ria-de-arousa/horarios-de-exposicion-de-proxectos-relevo2020

que xunto á puntuación acadada na fase presencial da formación, vai posicionar ao alumnado para optar a realizar unha viaxe de estudos a Euskadi no mes de setembro, na que participarán as xerencias dos grupos que forman parte do proxecto e 2 persoas do alumnado de cada territorio.