Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O GAC de Gran Canaria toma nota das boas prácticas da Arousa

 

O pasado 14 de febreiro unha delegación do Grupo de Acción Costeira de Gran Canaria visitou algúns dos proxectos respaldados polo GALP Ría de Arousa para coñecer e interncambiar experiencias.

O percorrido comezou na Lonxa de Vilanova de Arousa onde un responsable de XESMAR lles explicou o funcionamento desta aplicación a través da que é posible xestionar os traballos de mariscadoras e mariscadores. E ter información metereolóxica e loxística en tempo real.

A continuación, partindo das escalinatas de San Tomé, coñeceron o proxecto de turismo mariñeiro da Asociación de Mulleres do Mar de Cambados, GUIMATUR.

De seguido, acudiron á presentación no concello da Illa de Arousa do proxecto 'Unha Ollada cara o Mar', onde se retrocede no tempo para visualizar unha antiga conserveira a través de imaxes en tecnoloxía 3D.

A seguinte parada foi en BENBOA (Corrubedo- Ribeira) onde puideron degustar productos do mar e facer unha visita ás instalaciónns deste ambicioso proxecto gastronómico que se está espandindo xa máis alá da Arousa.

A ruta finalizou cunha visita á LONXA DE RIBEIRA para coñecer a o proxecto de implantación do centro de procesado de productos pesqueiros locais.