Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O GALP Ría de Arousa convoca a todo o tecido empresarial e social, a reunións o 20 de xullo e 24 de agosto para definir a estratexia ante as novas axudas FEMPA

GALP Ria de Arousa nova axudas FEMPA 2023-2027


O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Arousa está elaborando a Estratexia de Desenvolvemento Local da zona pesqueira (EDLP) para o período de programación 2023-2027 do Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e da Acuicultura (FEMPA).

A EDLP é  o documento que vai orientar a aplicación do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e da Acuicultura (FEMPA) para o período de fondos europeos 2021-2027. O GALP vai colaborar coa Consellería do Mar na súa posta en marcha para impulsar un novo programa de axudas nesta zona costeira.

O sector pesqueiro, as institucións, as entidades sociais e acidadanía poderán identificar, a través de diferentes espazos e medios, cales son as necesidades do territorio e definiros retos e liñas de actuación para mellorar a situación dazona costeira. Deste xeito, poderán concretarse as iniciativas a implantar no territorio de influencia do GALP.

O proceso é aberto e pódese participar de maneira presencial, virtual ou a través da web e redessociais do GALP. As actividades que se porán en marcha son:

  • Reunións presenciais e virtuais de diagnose ede definición do plan de acción da estratexia.
  • Formulario en liña para a elaboración daestratexia.
  • Proceso de consulta pública da estratexia.

 

Reunións presenciais

Levaranse a cabo dúas reuniónsna zona costeira, destinadas aosector pesqueiro, institucións, entidades sociais ecidadanía en xeral.

PRIMEIRA XUNTANZA

Diagnose e retos da zonacosteira cara ao FEMPA

Mércores 20 de xullo

Ás 18:00 horas.

Auditorio de Vilagarcía

Avenida da Mariña s/n

36600 Vilagarcía de Arousa

 

SEGUNDA XUNTANZA

Liñas de acción para o desenvolvemento da zona pesqueira

Mércores 24 de agosto

Ás 18:00 horas.

Auditorio de Vilagarcía

Avenida da Mariña s/n Vilagarcía

36600 Vilagarcía de Arousa

 

 

 

Reunións virtuais

Servirán para reforzar a participación de perfís técnicos do sector pesqueiro, concellos e entidades sociais. Para participar énecesario ter convite, poñéndose en contacto co GALP.

Correo electrónico de contacto

É posible facer suxerencias e enviar propostas ao correo maraberto.edlp@gmail.com

Primeiro encontro

Por este motivo convócasea todo o tecido empresarial, social  e económico da Ría de Arousa ás reunións presenciais e virtuais, que abordarán o seu deseño, para a primeira xuntanza presencial, que terá lugar o mércores 20 de xullo ás 18:00 no Auditorio de Vilagarcía de Arousa.É moi importante a participación cidadá, porque redundará nunha mellora dos fondos nesta zona costeira para o vindeiro programa de axudas.

A prol da seguridade dos asistentes rógase confirmaciónda participación a través das oficinas do GALP, teléfonos, enderezo electrónico. 

Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Arousa

FEXDEGA, Finca A Maroma. Avda. Rodrígo de Mendoza s/n

36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

986510953 // 628155386.

galp.mar.riadearousa@xunta.gal