Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O Galp Ría de Arousa gaña o 1º Premio no Concurso Internacional da Asociación Mundial de Mulleres na Industria Pesqueira

 

O Galp Ría de Arousa ven de gañar o primeiro premio do concurso internacional convocado pola Asociación Internacional de Mujeres en la Industria Pesquera (WSI) grazas ao vídeo que retrata o día a día das súas traballadoras do mar.

La Asociación Internacional WSI, que se dedica a poñer en valor a contribución real da muller na industria da pesca, decidiu dar o primeiro premio ao vídeo The Arousa Sea Women (Mulleres do Mar de Arousa), creado pola empresa Gestimar para o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro GALP Ría de Arousa. Nesta peza audiovisual, descríbense os distintos labores vinculados co mar que realizan as mulleres galegas no seu litoral. O xurado valorou a súa sensibilidade e positividade, así como a visión pluriangular da actividade dstas traballadoras, amosando "a súa resilencia e o amor ao seu traballo".

O vídeo pode verse no seguinte enlace: 
https://www.youtube.com/watch?v=wnBMLVPzlPg

O certame, que celebrou a súa terceira edición, pretende amosar exemplos de mulleres que podan servir de modelos proactivos e positivos para outras, e entre as 34 candidaturas destacou o vídeo do territorio da Arousa, por diante de La India e Perú, que obtiveron o segundo e terceiro posto respectivamente.

No seguinte enlace pódense visualizar todos os vídeos participantes: 
https://womeninseafood.com/videos-2019/

Máis información en: https://mailchi.mp/d6532e176126/wsi-letter-752541