Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O GALP Ría de Arousa inicia co sector pesqueiro, social e económico a elaboración da estratexia para optar ás axudas FEMPA do período 2023-2027

GALP Ría de Arousa primeira xuntanza Mar Aberto 2022


O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Arousa celebrou no Auditorio de Vilagarcía a primeira das reunións programadas para elaborar, xunto con entidades e profesionais do sector pesqueiro, social e económico, a Estratexia de Desenvolvemento Local da zona pesqueira (EDLP) para o período de programación 2023-2027 do Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e da Acuicultura (FEMPA).

Nesta primeira reunión, na que participaron máis de 40 persoas, delimitáronse catro mesas de traballo, nas que se recollerán as liñas concretas de actuación para establecer unha diagnose. En concreto as mesas son as seguintes:

Mesa 1. Sector pesqueiro e acuícola.

Mesa 2. Diversificación e desenvolvemento azul sostible.

Mesa 3. Patrimonio medioamiental e cultural pesqueiro.

Mesa 4. Temas transversais.

Entre as liñas concretas abordadas, tratáronse aspectos como a situación medioambiental da ría, os ámbitos económicos a potenciar, o relevo xeracional, o apoderamento das mulleres ou a necesidade de maior promoción e máis formación en novas tecnoloxías, entre outros moitos.

Que é a EDLP

A EDLP é o documento que vai orientar a aplicación do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e da Acuicultura (FEMPA) para o período de fondos europeos 2021-2027. O GALP vai colaborar coa Consellería do Mar na súa posta en marcha para impulsar un novo programa de axudas nesta zona costeira.

O sector pesqueiro, as institucións, as entidades sociais e acidadanía poderán identificar, a través de diferentes espazos e medios, cales son as necesidades do territorio e definiros retos e liñas de actuación para mellorar a situación dazona costeira. Deste xeito, poderán concretarse as iniciativas a implantar no territorio de influencia do GALP.

Próximos encontros

O proceso é aberto e pódese participar de maneira presencial, virtual ou a través da web e redessociais do GALP. As actividades que se porán en marcha son:

A próxima reunión será o 27 de xullo ás 10:00 h, en formato virtual a través da plataforma Zoom. Nesta ligazón poderás acceder á reunión Nela participará fundamentalmente persoal técnico das confrarías e dos concellos. Se hai outras persoas interesadas en participar, tamén poderán facelo: todas as achegas son benvidas.

Para participar, será necesario inscribirse previamente no seguinte formulario.

De maneira presencial, o 24 de agosto ás 18:00 h, celebrarase outra xuntanza presencial para analizar as liñas de acción para o desenvolvemento da zona pesqueira. Terá lugar no Auditorio de Vilagarcía.