Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O GALP Ría de Arousa promove un novo proxecto de dinamización pola igualdade

 

 

Dentro da liña de traballo de igualdade que desenvolve o Galp ría de Arousa a través da campaña O SAL DO MAR, celebranase nos vindeiros meses 4 xornadas nas que as mulleres do mar serán as protagonistas: elas mesmas, co apoio do GALP, falarán das experiencias profesionais e das iniciativas que foron desenvolvendo nos últimos tempos, de aí o lema desta edición 'Avanzar Compartindo'. As xornadas prepararanse mediante reunións en liña, o que reforzará o traballo en equipo e as habilidades dixitais adquiridas polas mulleres en anteriores edicións.

Nestas 4 xornadas, que se desenvolverán entre xuño e xullo, levaremos ao debate público 4 temas de interese para as mulleres do mar, ás que convidamos a participar independentemente da súa profesión:

·       Compartindo experiencias no mar: comunicando e visibilizando as nosas profesións

·       As mulleres rañeiras: escoitando a súa voz

·       A economía circular: coidando do noso mar

·       A bioloxía das mulleres: problemáticas e solucións dos nosos ciclos biolóxicos no desempeño profesional

Despois do verán, volveremos a xuntarnos nunha xornada final, na que poñer en valor as conclusións das xornadas anteriores, e establecer un debate no que comezar a recoller os retos e as liñas mestras entorno á igualdade que pode incorporar o GALP Ría de Arousa no seguinte período.

Os animamos a participar! Se tes calquera dúbida podes poñerte en contacto no correo electrónico dinamizacionmulleresarousa@gmail.com , ou no teléfono 627 096 062.