Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O luns comezan as titorías de emprendemento en turismo mariñeiro

 

O curso avanzado de turismo mariñeiro que se está desenvolvendo no Galp Ría de Arousa, dentro do proxecto Mar das Illas, rematará mañá as sesións teóricas para dar comezo a partir do luns ás titorías enfocadas ao emprendemento. Dentro destas sesións prácticas, as persoas participantes poderán plantexar os proxectos que queren poñer en marcha e facer un primeiro estudo de mercado e posibilidades de éxito.