Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

“O océano que nos une” chega o próximo xoves ao Grove

 

O próximo xoves, 1 de agosto, ás 11.00h, vaise celebrar no Acuario do Grove a apertura oficial da exposición “O océano que nos une”, unha mostra itinerante de REMA (Rede de Espazos Museísticos Atlánticos) encadrada dentro do proxecto de colaboración de todos os GALP de Galicia, Morada Atlántica.

No acto participarán a presidenta do GALP 5, María José Vales Martínez, e a xerente do GALP 5 Ría de Arousa, Rosa Carballo, que fará unha presentación técnica da Rede REMA. Tamén estarán no acto, Ignacio Aguinaga, propietario da instalación; e José Antonio Cacabelos Rico, alcalde do Concello de Grove.

Ao remate do acto, realizarase un percorrido guiado pola exposición a cargo de Rebeca Aguinaga, directora do Acuario do Grove.

"O oceano que nos une" poderá visitarse no Acuario do Grove do 1 ao 11 de agosto e continuará percorrendo Galicia ata o mes de novembro. O seu obxectivo é poñer en valor o patrimonio material e inmaterial ligado ao mar.