Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

PROMOCIÓN INNOVADORA DO MEXILLÓN DE GALICIA A TRAVÉS DOS MEDIOS DIXITAIS

O proxecto iníciase coa definición dunha estratexia para a promoción dixital e o deseño da creatividade adecuada para o Mexillón de Galicia, e continúa coa realización dunha campaña de promoción, marketing e información intensiva de Mexillón de Galicia a través dos medios dixitais e con ámbito nacional. Promocionaremos e valorizaremos conxuntamente o mexillón de calidade producido, elaborado, transformado polas diversas empresas locais vinculadas ao Mexillón de Galicia, baixo a marca única e diferencial da DOP, aproveitando así a orixinalidade, autenticidade, calidade e características diferenciadoras dos produtos comerciais amparados. 

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
María Gabriela André Rivas / Consello regulador do mexillón de Galicia
Datos de interese: 
http://www.mexillondegalicia.org/
Perfil empresarial: 
Consello regulador
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 9 de Xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratéxias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o dsenvo
Convocatoria - ano: 
2017
Data de aprobación: 
25/08/2017
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
14
Anualidades: 
2017-2018
Data fin de execución: 
31/10/2018
Ámbito de aplicación: 

Vilagarcía de Arousa, Pontevedra / Ámbito nacional e internacional 

 

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
63.763,00€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
63.763,00€
Total axuda pública aprobada (€): 
63.763,00€
% Subvención: 
100%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
54.198,55€
FEMP (%): 
85%
CA (€): 
9.564.45€
CA (%): 
15%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  • Valorizar o Mexillón de Galicia a través da promoción da súa etiqueta, para acadar maior consumo deste produto e así xerar maior riqueza nos seus colectivos, e indirectamente no seu ámbito territorial.

  • Repercutindo positivamente, en paralelo, nos consumidores do mexillón que serán capaces de diferenciar o auténtico Mexillón de Galicia como único produto do mar de calidade diferencial vinculada a orixe existente en España. 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Incremento na demanda de Mexillón de Galicia, favorecendo a desestacionalización do seu consumo, xa que os consumidores coñecerán os distintos produtos dispoñibles en cada época do ano.

  • Maior coñecemento do Mexillón de Galicia por parte do consumidor: da DOP, da etiqueta, dos produtos, das empresas, e das garantías e características de calidade e orixe dos produtos amparados. 

Principais actividades do proxecto: 
  • Definición dunha estratexia para a promoción dixital e o deseño da creatividade adecuada para o Mexillón de Galicia.

  • Realización dunha campaña de promoción, marketing e información intensiva de Mexillón de Galicia a través dos medios dixitais e con ámbito nacional.

  • Promocionar e valorizar conxuntamente o mexillón de calidade producido, elaborado, transformado polas diversas empresas locais vinculadas ao Mexillón de Galicia, baixo a marca única e diferencial da DOP, aproveitando así a orixinalidade, autenticidade, calidade e características diferenciadoras dos produtos comerciais amparados. 

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, a través do valor engadido dos productos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños. 

Obxectivo específico da EDLP: 

Conseguir a cooperación entre entidades do sector para mellorar a valorización dos recursos pesqueiros a través da promoción comercial e a aposta pola súa calidade diferencial. 

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)