
Neste proxecto se describe un servicio de aloxamento turístico, que desenvolve o concepto de Hotel Boutique.
A inversión proposta é un negocio dun establecemento destinado á prestación de servicio de aloxamento turístico, con taberna e restaurante. O hotel tamén contará cun restaurante-taberna “Vilavella”, seguindo a temática elixida para o proxecto que, obviamente, será a orixe mariñeira.
A súa referencia neste mundo ven a través da súa nai, unha muller loitadora que desde sempre dedicouse á restauración e que, durante gran parte da súa vida, estivo entre fogóns.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O obxectivo xeral do proxecto é a creación dun hotel boutique temático (temática marítima da Ría de Arousa) e restaurante para fomentar unha maior “inmersión turística” cos orixes mariñeiros do lugar. Tamén o fomento do crecemento económico e a creación de emprego na localidade marítima de O Grove.
O resultado previsto é a creación de emprego, fomento do crecemento económico. Ofertar na localidade de O Grove un hotel boutique temático, ofrecendo unha oferta de aloxamento e gastronómica diferente do que actualmente se oferta na zona.
Salientar a “inmersión turística” relacionado coa Ría de Arousa e que o cliente desfrute da súa estancia engadindo un valor adicional relacionado con aspectos mariñeiros a esa experiencia.
O edificio no que se pretende visibilizar este proxecto foi rehabilitado, adaptándoo ás necesidades da iniciativa, o que unido á idea do negocio que se pretende poñer será un referente de inmersión turística na zona.
O edificio está estruturado en planta baixa máis tres plantas, cunha superficie total aproximada de 1.300 m2; ubicado en pleno núcleo urbano (C/ Vilavella A, nº 12), nunha zona que recentemente, foi rehabilitada pola administración local, o que a fixo máis atractiva ó mellorar a accesibilidade do espazo público, dotándoa de zonas peonís e de lecer, facendo o lugar propicio para a apertura dun establecemento destas características. As actividades principais serán a de aloxamento e restauración.
OBXECTIVO ESTRATÉXICO 2
Apoio á diversificación dentro ou fóra do sector da pesca comercial, á aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.
OE 2.2.Diversificar o sector da pesca cara as actividades turísticas integradas na costa e o turismo mariñeiro.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)