Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

R de Lorenzo Cordelería SL

Adecuar a nave e adquirir nova maquinaria para mellorar a capacidade produtiva de R de Lorenzo Cordelería SL, unha empresa de recente constitución que herda unha longa traxectoria familiar, con máis de 40 anos de experiencia no sector, dedicada e especializada na fabricación e distribución de productos para o cultivo do mexillón e a acuicultura.

As novas instalacións permitirán desenvolver a actividade en mellores condicións e coa nova maquinaria será posible ademais mellorar a capacidade produtiva da empresa e incrementar a facturación en aproximadamente un 5% durante o primeiro exercicio para logo manterse nun 3% anual; contribuíndo tamén ao desenvolvemento do sector na zona.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
R de Lorenzo Cordelería SL - Vilagarcía de Arousa
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Empresa privada
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 9 de Xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratéxias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro.
Convocatoria - ano: 
2018
Data de aprobación: 
03/08/2018
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
26
Anualidades: 
3
Data fin de execución: 
31/10/2020
Ámbito de aplicación: 

Nacional

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
427.257,29
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
353.105,20
Total axuda pública aprobada (€): 
176.552,60
% Subvención: 
50
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
150.069,71
FEMP (%): 
85
CA (€): 
26.482,89
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
4
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
6
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
1
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

PRIORIDADE 4: a cohesión territorial.

Fomento do crecemento económico, a inclusión social, a creación e a mobilidade laboral nas comunidades costeiras e de interior dependentes da pesca e a acuicultura. Diversificación das actividades realizadas no marco da pesca e respecto doutros sectores da economía marítima.

 

PRIORIDADE 2: Fomentar unha acuicultura sustentable dende o punto de vista medioambiental.

Fomento dunha acuicultura eficiente no uso dos recursos. A empresa fabrica cordas empalilladas para o cultivo do mexillón (feitas con aparellos atuneiros que chegaron ao seu fin de vida últil e desta maneira recíclanse). Con este servizo contribúese á conservación do medio ambiente e soluciónase a xestión de residuos drivados das actividades pesqueiras. Para isto, trabállase en estreita colaboración con diferentes portos de toda España.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

A ampliación da empresa mediante o acondicionamento dunha nov nave no porto de Vilagarcía e a adquisición de maquinaria de fabricación de cordas, prensa e clasificador de rede permitirán mellorar a capacidade competitiva e de resposta ás necesidades dos clientes, mellorando a calidade e cantidade dos produtos fabricados e comercializados, e contribuíndo tamén ao desenvolvemento da zona e do propio sector do mar.

 

Crearanse 4 postos de traballo de mulleres e de parados de longa duración, ademais de manter os 6 postos actuais, ocupados tamén por estes colectivos empadroados en concellos da Ría de Arousa.

Principais actividades do proxecto: 

R de Lorenzo Cordelería SL dedicarase a desenvolver as seguintes actividades:

 

  • Fabricación de rede de algodón para o cultivo do mexillón (tecida con 100% algodón biodegradable).
  • Cordas empalilladas para o cultivo de mexillón feitas con aparellos de atuneiros que chegaron ao fin da vida útil e desta maneira é reutilizada.

 

Outro labor de reciclaxe é a xestión de redes e aparellos de pesca. Con este servizo contribúese á conservación do medio ambiente e soluciónase a xestión de residuos drivados das actividades pesqueiras. Para isto, trabállase en estreita colaboración con diferentes portos de toda España. En todos os procesos de produción e xestión, gardarase un respecto absoluto polo medio ambiente e non se utilizan materiais contaminantes nin perniciosos para a contorna e o medio mariño.

 

Tras anos de introducción no mercado, e tras comprobar a aceptación dos productos entre os clientes e o aumento do negocio, é necesario contar coas instalaciónns máis axeitadas para que a actividade poida crecer, e poder satisfacer as necesidades da clientela, atendendo a todos os pedidos.

Provisionalmente alugouse unha nave desde a cal se leva a cabo o proceso de fabricación, pero as expectativas de crecemento son moi boas e é necesario contar cunha nave mellor dotada na que instalar tanto as oficinas como a cadea de produción. Neste sentido, plantéxase o presente proxecto de investimento, xa que o Porto de Vilagarcía confirmounos a concesión dunha nave totalmente adecuada ás necesidades da empresa, por 30 anos. Os investimentos consistirán principalmente nas obras para adecuar a nave á actividade (derribos, fachadas e carpintería exterior, particións e carpintería interior, acabados e interiores, instalación, urbanización, control de calidade, xestión de residous, seguridade e saúde) e a adquisición de maquinaria (prensa, encordadora, clasificador de rede e elemento de transporte interno).

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

OBXECTIVO ESTRATÉXICO 1: Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministración dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible a través du uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.

 

OBXECTIVO ESTRATÉXICO 2: Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara a novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.

Obxectivo específico da EDLP: 

Obxectivo específico 1.2: Acadar a incorporación laboral ou profesional da  mocidade e a profesionalización do sector pesqueiro.

Obxectivo específico 2.1: Conseguir novas utilidades dos recursos e os residuos pesqueiros.

Obxectivo específico 3.1: Desenvolver medidas que melloren a calidade ambiental da Ría de Arousa.

 

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)