Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

RELEVO 2020

 
Hoxe o proxecto RELEVO2020 chegou por segundo día ao IES Leliadoura de Ribeira; nesta ocasión os participantes foron alumnos e alumnas de 4º de ESO que recibiron información sobre as saídas profesionais vinculadas co sector do mar, dende cursos ata másteres universitarios, pasando por ciclos básicos, medios e superiores.
 
Moito deste alumnado descoñecía certas profesións do sector do mar e sobre todo como acceder a elas ou como acceder á información sobre elas, así que esperamos que esta xornada dinamizadora lles fose de utilidade!
 
Moi importante, información e formación!!!!