venres, 15 de Xaneiro de 2021 - 02:01
Estamos en plena organización para o arranque da segunda edición do proxecto RELEVO2020 que terá lugar entre finais de xaneiro e o mes de abril.
É por iso que comezamos xa coas reunións informativas e a primeira será o vindeiro mércores día 20, ás 11h en FEXDEGA onde está a nosa sede.
Lembra que tes toda a información do proxecto e tamén o formulario de inscrición no espazo web relevo2020.org
Bota unha ollada e non desaproveites a oportunidade de formar parte desta experiencia coa que formarte e encamiñar o teu futuro laboral.
Agardámoste!!!!