Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Relevo 2020 en Ribeira

Onte en Ribeira, o alumnado do ciclo formativo de Administración e Finanzas e de Informática Básica puideron participar na formación do programa RELEVO2020, no IES Leliadoura de Ribeira.
 
Recibiron información sobre as saídas profesionais vencelladas co sector do mar, dende cursos ata másteres universitarios, pasando por ciclos básicos, medios e superiores.
 
Agardamos que esta xornada dinamizadora lles fose de utilidade!!!