Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Remata o proxecto de igualdade das mulleres do mar deArousa, cun encontro de conclusións celebrado en Boiro

O martes 6 de outubro reunímonos no Centro Social Cabo de Cruz para compartir as conclusións e aprendizaxes do proxecto de dinamización promovido polo GALP Ría de Arousa.

A xornada comezou coa benvida de Maria José Vales, presidenta do GALP, poñendo en valor a igualdade no sector e a necesidade de continuar traballando para que as mulleres se presenten a postos de responsabilidade nas Confrarías.A benvida do Concello de Boiro correspondeulle a Marisa Luisa Collazo,Concelleira de Igualdade, quen puxo de manifesto a importancia das mulleres do mar para o territorio, e puxo a disposición das mesmas os servizos que existen dende o Concello. Para dar cierre á benvida institucional, contamos coa presencia de Rosa Quintana, Conselleira do Mar, quen enxalzou a necesidadede continuar visibilizando ás mulleres no mar, e salientou a importancia do seutraballo durante este ano.

Despois, as participantes do proxecto foron quen tomaron a palabra: Concha Ramallo (percebeira de Aguiño), Marisa Seco (mariscadora a pé de Vilanova deArousa), Maria José Caneda (mariscadora a pé de Vilanova de Arousa) e Dolores Gómez (bateeira de Rianxo), falaron en público compartindo co auditorio as súas conclusións con respecto ás xormadas de formación e información que se foron celebrando ao longo do proxecto. Rosa Carballo, xerente do GALP, foi quen moderou este espazo. Entre as intervencións, proxectamos vídeos en formato entrevista, que elas mesmas grabaron, e nos que reflexionan sobre a igualdade nas profesións do mar. Estes vídeos estarán dispoñibles na web do GALP. 

A clausura do proxecto correu a cargo de Rosa Carballo, xerente do GALP, quen continuou animando ás mulleres a participar nestes espazos, e seguir participando e uníndose para camiñar cara a igualdade.

Ao final do encontro tivo lugar unha degustación de produtos do mar.

 

Enlaces:

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/51999/xunta-enxalza-labor-g...ccion-local-sector-pesqueiro-ria-arousa-para-visibilizar