Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

RUTAS MARÍTIMAS GOURMET

 

O proxecto consiste na creación dunha nova ruta turístico-educativa. Esta iniciativa turística supón a realización de accións conxuntas co sector pesqueiro-acuícola e o sector da hostelería para fortalecer e fomentar a promoción das algas, o ourizo de mar e os pectínidos da Ría de Arousa, resaltando a través destas rutas todas as súas propiedades e cualidades dietéticas e nuticionais e as súas múltiples maneiras de preparación como produtos “gourmet”. En colaboración co sector acuícola e o da hostelería vaise promover a divulgación e o estudo das algas, os ourizos de mar e os pectínidos.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
MONROA, S.L.
Datos de interese: 
https://www.crucerospelegrin.com
Perfil empresarial: 
Empresa privada
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 9 de Xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratéxias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro.
Convocatoria - ano: 
2018
Data de aprobación: 
13/09/2018
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
2
Anualidades: 
1
Data fin de execución: 
31/10/2018
Ámbito de aplicación: 

O Grove - Pontevedra

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
265.474€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
219.400€
Total axuda pública aprobada (€): 
56.846,21€
% Subvención: 
25,9
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
48.319,27€
FEMP (%): 
85
CA (€): 
8.526,93€
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
2
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
1
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O obxectivo xeral deste proxecto consiste na implantación dunha ruta turístico-educativa denominada RUTAS MARÍTIMAS GOURMET para fomentar a posta en valor doutros recursos pesqueiros menos valorados pero de gran potencial económico, como son as algas, os ourizos de mar ou os pectínidos .A materialización deste proxecto permitirá á entidade promotora contribuir na revalorización, dinamización e potenciación dos recursos pesqueiros, marisqueiros ou da acuicultura dentro da Ría de Arousa, reforzando a vinculación da economía pesqueira coa turística, mediante:

  • A promoción de todas as propiedades e cualidades dietéticas e nutricionais das algas, ourizos e pectínidos, así como das múltiples maneiras de preparación como produtos “gourmet”
  • Promover o emprendemento de novas actividades encamiñadas cara a iniciativas na elaboración e comercialización destas especies “menos valoradas”.
  • A diversificación do sector pesqueiro.
  • A desestacionalización do turismo mariñeiro da zona aproveitando a calidade dos produtos pesqueiros. (Visitas escolares)
  • A creación e mantemento do emprego.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

- Iniciativa turística que integra as actividades e produtos do mar coa restauración e a hostelería, o cal axudará a divulgar as propiedades e cualidades dietéticas e nutricionais e as súas múltiples posibilidades de preparación como produtos “gourmet”. Isto contribuirá a favorecer as iniciativas de autoemprego e á innovación dentro do sector marítimo-pesqueiro.

- Divulgación e valorización do patrimonio cultural e marítimo-pesqueiro do territorio.

- Diversificación do sector pesqueiro cara a actividades turístico educativas de forma integrada

- Desestacionalización do turismo mariñeiro

-  Apoio e promoción da construcción dunha sociedade aberta e participativa, en igualdade de condicións e de non discriminación.

Principais actividades do proxecto: 

Aproveitando o potencial acuícola das bateas experimentais e da súa innovación, vaise crear unha nova ruta turístico-educativa, vinculada á acuicultura galega, coa posta en valor dos recursos diferenciadores do litoral galego e concretamente, de especies actualmente menos paroveitadas, pero cun elevado potencial económico: as algas, o ourizo de mar e os pectínidos.

A ruta comenzará no porto do Grove, con saídas cada dúas horas en tempada alta, todos os días da semana, domingos e festivos incluídos. Esta ruta turística ofrecerase á pasaxe de tipo regular e permanente. Fora da época estival, esta ruta ofertarase as fins de semana e de luns a venres a grupos concertados de escolares, asociacións de nais e país, profesionais do sector da hostelería, …

Unha vez acomodada a pasaxe no barco PELEGRIN DOS, e durante toda a travesía, explicarase por megafonía de forma clara e amena todos os aspectos relacionados co cultivo de algas, do ourizo de mar e dos pectínidos, coa transmisión de coñecemento sobre o seu hábitat, o seu proceso de cultivo e recolección e as condiscións óptimas para a súa reproducción, de interese para a pasaxe.

O barco adentrarase no corazón da Ría de Arousa para disfrutar da vista e parada en dúas bateas experimentais, onde atracará o barco para observar “in situ” as diferentes técnicas de cultivo. Izando as cordas e unidades de cultivo explicaranse as distintas modalidades e labores de cultivo, co obxecto de que os visitantes teñan a oportunidade de acercase e coñocer a actividade realizada polos acuicultores galegos tanto nos viveiros experimentais como nas embarcacións auxiliares. Tamén poderán disfrutar da da visión submarina do PELEGRIN DOS.  Poderanse degustar diferentes elaboracións a base de algas, ourizos de mar e pectínidos, resaltando as súas cualidades e propiedades e identíficandoos como produtos “gourmet”.

Contarase coa colaboración de profesionais da hostelería como Javier Olleros (Restaurante Culler de Pau. 1 Estrella Michelín) que promovan novas técnicas na elaboración e cociñado dos produtos e facilitando o acceso aos visitantes ás cociñas durante toda a travesía.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

OBXECTIVO ESTRATÉXICO 2

Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.

Obxectivo específico da EDLP: 

OBXECTIVO ESPECÍFICO 2.2

Incrementar a diversificación do sector pesqueiro cara as actividades turísticas, traballando nunha estratexia integrada na zona costeira e facendo fincapé no turismo mariñeiro.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)