Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

SEFORGASA: Acondicionamento de nave para impartir formación marítima

 

As instalacións actuais da empresa necesitan ser ampliadas cunha nova nave onde se podan ampliar os recursos formativos que se pretenden implantar e que permitirían a expansión de SEFORGASA e facilitarían a diversificación de cursos do sector marítimo.

As instalación son imprescindibles para os obxectivos de crecemento da empresa e para implementación de novas titulacións de cara a acadar a incorporación laboral da mocidade e moi especialmente da muller o sector pesqueiro así como a súa profesionalización e a reciclaxe e actualización dos traballadores do sector.

Unha vez establecida a empresa nas novas instalacións crearase un departamento de axuda e acompañamento dos traballadores do mar no proceso de constitución e consolidación de novas empresas do sector pesqueiro e afíns; e un departamento de prevención de riscos a fin de mellorar a seguridade das empresas do sector e de coordinar as actividades de seguridade e saúde en actividades portuarias de reparación de buques, e de estiba e desestiba.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
SEFORGASA
Datos de interese: 
LG Portocaro 42 A Pobra do Caramiñal 15940 A Coruña info@seforgasa.com
Perfil empresarial: 
Empresa
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro de 2018 bases reguladoras concesión axudas proxectos FEMP 2014-2020
Convocatoria - ano: 
2019
Data de aprobación: 
09/08/2019
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
3
Anualidades: 
1
Data fin de execución: 
31/10/2019
Ámbito de aplicación: 

Comarcal

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
105.266,15 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
22.554,45 €
Total axuda pública aprobada (€): 
11.277,23 €
% Subvención: 
50%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
9.585,65 €
FEMP (%): 
85%
CA (€): 
1.691,58 €
CA (%): 
15%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
1
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
2
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Trátase de poder dar toda a formación necesaria para facilitar a incorporación da mocidade e en especial da muller ao sector pesqueiro; e de promover a reciclaxe de axentes do sector mediante formación continua e de actualización, para as cales temos as homologacións necesarias. Ademais, a empresa traballa constantemente para acadar novas homologacións co obxectivo de chegar a dar un servizo integral a todos os sectores de formación nas empresas relacionadas co mar. 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

A ampliación de instalacións permitirá ofrecer ás persoas traballadoras do sector do mar e das industrias relacionadas toda a formación necesaria para garantir a seguridade e a excelencia formativa de todo o persoal relacionado co mundo laboral la pesca e actividades afíns para mellorar a competitividade e reducir a sinistralidade con respecto a outras zonas, marcando a diferenza mediante calidade formativa.

Principais actividades do proxecto: 

Acondicionamento dunha nave industrial existente no porto da Pobra do Caramiñal para adaptala ao sector formativo, dotándoa de aulas acondicionadas, servizo de secretaría, dirección e sala de profesores; así como aulas-taller para a realización de cursos formativos destinados a salvamento e socorrismo marítimo e a cursos formativos en materia sanitaria para os traballadores do mar homologados polo Ministerio de Fomento en pola Consellería de Traballo

Tamén se habilitarán vestuarios para homes, mulleres e persoas con diversidade funcional, que darán servizo aos alumnos e alumnas que participen nos cursos maritimos de formación no porto da Pobra do Caramiñal.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

OBXECTIVO ESTRATÉXICO 1: Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministración dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible a través du uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.

Obxectivo específico da EDLP: 

 

  • Obxectivo específico 1.2: Acadar a incorporación laboral ou profesional da  mocidade e a profesionalización do sector pesqueiro.
Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)