Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Turismo Industrial e Mellora Produtiva ‘Lou-Castiñeiras’

O proxecto consiste en adecuar as instalacións da nave industrial de produción, situada no lugar de Castiñeiras, para mellorar a sanidade e hixiene do proceso produtivo coa conseguinte mellora das condicións de traballo das persoas empregadas e a mellora previsible da produción. O investimento principal realizarase na nave industrial, na que se vai reparar o chan, reformar os aseos, reorganizar os espazos, sustituir a cuberta de uralita. Estas actuacións incidirán de forma directa na capacidade produtiva, xa que ata agora esta está condicionada por constantes paros e pequenas reparacións na nave. Vaise mellorar tamén a eficiencia enerxética por que se van substituír as fiestras e a cuberta. Tamén se van facer visitas guiadas ás instalacións para turistas.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
CONSERVAS Y AHUMADOS LOU, S.L.
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Empresa Privada
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 9 de Xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratéxias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro.
Convocatoria - ano: 
2018
Data de aprobación: 
26/09/2018
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
2
Anualidades: 
2018
Data fin de execución: 
31/10/2018
Ámbito de aplicación: 

Lugar de Castiñeiras-Riveira. A Coruña

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
212.929,75€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
175.975,00€
Total axuda pública aprobada (€): 
87.987,50€
% Subvención: 
50%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
74.789,38€
FEMP (%): 
85%
CA (€): 
13.198,12€
CA (%): 
15%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
3
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
4
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O obxectivo xeral é que as melloras que se van realizar no inmoble melloren a capacidade produtiva e loxística da sociedade mercantil. Permitindo deste modo incrementar a producción baseada na transformación de produtos pesqueiros tradicionais obtidos das rías galegas. A mellora da capacidade produtiva vai permitir abrir novos mercados e introducir novas liñas de comercialización que van diversificar as actividades da pesca de rías.

Coas visitas guiadas á fábrica e á sala de catas preténdese divulgar as técnicas produtivas ao público xeral, incrementando o valor engadido do produto enlatado e incrementar a divulgación da marca.

O obxectivo específico é modernizar a actividade da empresa e diversificar a oferta turística da zona de Arousa Norte. A través das visitas á fábrica tamén se vai fomentar o emprego.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Agárdase incrementar o volumen de producción e ventas coa conseguinte repercusión na economía da zona.

Preténdese crear un polo de atracción turístico derivado das visitas á fábrica e da degustación e venta dos produtos elaborados.

Principais actividades do proxecto: 

O proxecto consiste en adecuar as instalacións da nave industrial de produción, situada no lugar de Castiñeiras, para mellorar a sanidade e hixiene do proceso produtivo coa conseguinte mellora das condicións de traballo dos empregados e a mellora previsible da producción. O investimento principal realizarase na nave industrial, na que se vai reparar o chan, reformar os aseos, reorganizar os espazos, sustituir a cuberta de uralita. Estas actuacións incidirán de forma directa na capacidade produtiva, xa que ata agora esta está condicionada por constantes paros debido á necesidade de realizar pequenas reparacións na nave.

Vanse sustituir as fiestras e a cuberta mellorando así o aillamento térmico do inmoble e consecuentemente mellorando tamén a eficiencia enerxética. Ademais, a adecuación dos baños redundará en beneficio dos traballadores, que terán mellores condicións laborais.

Tamén se vai crear unha liña de negocio novedosa no sector conserveiro tradicional; Vanse facer visitas guiadas ás instalación para turistas, e se vai explicar todo o proceso produtivo para que finalmente o público poda realizar unha degustación dos produtos nunha sala creada ao efecto, onde tamén poderán mercar os produtos elaborados.

A guía da visita será unha das traballadoras que están actualmente en plantilla. Como xa se expuso anteriormente, a principal finalidade das visitas é a divulgación entre o público xeral da conserva de produtos como o ourizo, a alga e o afumado, para por en valor estas conservas. Preténdese aproveitar a dársena existente frente á nave para atraer turistas mediante visitas guiadas ou que incluso podan desprazarse nos seus barcos particulares. Búscase potenciar o sector servizos no lugar de Castiñeiras e de forma indirecta potenciar tamén a actividade económica da zona.

As actividades que se van desenvolver son a fabricación e venta de produtos conserveiros de alto valor engadido e a promoción mediante visitas guiadas e degustación dos mesmos.

A infraestructura principal é a nave da empresa, a cal se pretende adecuar, incluída a sala de catas que se considera necesaria para atender as visitas guiadas.

As obras realizadas potenciarán a capacidade produtiva da empresa, o cal provocará unha reacción en cadea xa que ademáis de atender os pedidos dos clientes poderanse abrir, ampliar e abastecer a novos canais de distribución.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

1.- Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de xuventude, en especial a través do do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadena do suministro dos produtos pesqueiros e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.

Obxectivo específico da EDLP: 

Mellorar a valorización dos recursos pesqueiros a través da promoción comercial e a aposta pola súa calidade diferencial.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)