Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Varios GALP, entre eles o de Arousa, intercambian experiencias cos seus homólogos de Canarias

Visita dos GALP a Illas Canarias

 

Unha delegación do GALP Ría de Arousa, GALP Vigo-A Guarda e Pontevedra visita as Illas Canarias para traballar en rede cos GALP homólogos de Gran Canaria e Lanzarote.

Visita dos GALP a Canarias

O obxectivo é intercambiar experiencias sobre o sector pesqueiro, o ámbito da comercialización e os proxectos de turismo mariñeiro. A delegación galega está integrada por patróns e patronas maiores das confrarías, responsables institucionais dos concellos que forman parte dos tres grupos participantes e responsables dos GALP.