Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Visita á Escola Náutico Pesqueira de Ribeira dentro do proxecto RELEVO2020

Na tarde de onte o alumnado do proxecto RELEVO 2020 do noso territorio, GALP RÍA DE AROUSA, e do territorio do GALP Costa Sostible fixo unha visita á Escola Náutico Pesqueira de Ribeira. 


O encontro estivo guiado polo director do centro Pedro Riveiro e nel tamén estivo presente a xerente deste GALP, Rosa Carballo.


O alumnado puido visitar todas as instalacións incluídas aulas de clases e aulas taller nas que se realizan as prácticas dos diferentes módulos dos ciclos profesionais e cursos que alí se imparten.


Dende logo unha visita ben interesante a un centro de referencia nacional! Quedamos coa idea de que o traballo no sector da pesca é duro e implica moita responsabilidade pero é bonito e a día de hoxe constitúe, sen dúbida, unha saída profesional de futuro!!

Moitas grazas pola visita!!!