Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

XESMAR recoñecido como mellor proxecto de capital social de Europa

 

O recoñecemento foi anunciado no transcurso da Convención "Post 2020: acción local nun mundo cambiante", que se desenvolveu os días 3 e 4 de decembro no Centro de Eventos Square en Bruxelas. XESMAR resultou gañador do premio "Best project building social capital" entre 40 seleccionados de toda Europa. O proxecto, apoiado desde o Galp Ría de Arousa, foi presentado polas Cofradías de Cambados e Vilanova de Arousa, e está sendo executado pola empresa Qualigy.
 
O galardón foi entregado polo Comisario de Medio Ambiente, Océanos e Pesca da UE, o lituano Virginijus Sinkevicius. Recolleron o premio a Patrona Maior da Cofradía de Vilanova de Arousa e presidenta do GALP Ría de Arousa,  Mª José Vales, e Pablo Dorgambide, CEO de Qualigy e creador da aplicación Xesmar.