Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Xornada de sensibilización ambiental nas aulas de Rianxo

 

O programa de educación ambiental A NOSA RÍA recalou hoxe no O IES Félix Muriel de Rianxo, onde 56 alumnas e alumnos de 4º da ESO fixeron na aula unha sesión de sensibilización arredor dos residuos plásticos. En concreto, coñeceron como os organismos mariños filtradores acumulan no seu organismo os microplásticos que están na auga, e de que xeito afecta isto á flora e faluna mariñas, e tamén ás persoas a través do seu consumo. A sesión apoiouse con material audiovisual e unha bolsa da compra con produtos de consumo diario para que puidensen visualizar a cantidade de plástico que se usa na súa embalaxe, e a necesidade de evitar este tipo de escollas, optando por produtos a granel ou con embalaxe non plástica.