Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Xornada Técnica en Vilagarcía para aprender a cumprimentar os formularios das axudas

 

O vindeiro luns 12 de febreiro, no Salón de Actos da Cámara de Comercio de Vilagarcía (Avda. Doctor Tourón 46, 36.600 - Vilagarcía de Arousa), celebraráse una xornada técnica de axuda a elaboración de proxectos co obxecto da súa presentación á convocatoria de axudas do GALP 5 Ría de Arousa.

A xornada iniciarase as 17:30 horas cunha presentación da Xerente do GAC 5 Ría de Arousa, Dº Rosa Carballo Martínez. A continuación iniciarase a xornada técnica na que se explicará o xeito correcto para cumprimentar os formularios de solicitude das axudas do GALP para a presentación de proxectos na convocatoria de 2018 que remata o 1 de Marzo.

O programa de axudas ten por obxecto financiar proxectos productivos e non productivos con fondos do FEMP durante o periodo 2014-2020 coherentes co Plan Estratéxico do GALP 5 establecido na Ría de Arousa polo Grupo de Acción Local de Pesca (GALP-5 Ría de Arousa).

O Fondo Europeo marítimo da Pesca incluíu, no período de programación comunitario 2014-2020, a posibilidade de realizar actuacións orientadas a estimular nas zonas pesqueiras a creación de novas fontes de ingresos sostibles e dun incremento de calidade de vida; medidas que complementan ás de aplicación da Política Pesqueira Común e de regulación dos impactos económicos, sociais e medioambientais da extinción de recursos nas zonas con actividades intimamente ligadas ao sector pesqueiro e acuicultor.

Estas medidas aplícaranse mediante a adopción de solucións ás necesidades reais dos axentes que mellor comprenden as necesidades das zonas pesqueiras. O obxectivo do GALP 5 – Ría de Arousa é liderar as accións que permitan o desenvolvemento local e o fortalecemento da capacidade organizativa do sector pesqueiro, a estimulación da innovación e unha diversificación para os profesionais do mar, buscando a continuidade e estabilidade sostible.

As actividades que se subvencionan son de carácter produtivo e non produtivo e procuran un rendemento económico e social.

Os beneficiarios das axudas poden ser as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, que presenten un proxecto que se desenvolva nalgún dos concellos pertencentes ao GALP 5 – Ría de Arousa.  A valoración dos proxectos será realizada polo propio GALP 5 Ría de Arousa, segundo os baremos establecidos no Plan Estratéxico.