Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Acondicionamento de local para apertura de restaurante El Pescador

A  Confraría de Pescadores San Roque Portonovo ten un edificio propio no paseo marítimo da localidade con tres plantas, estando a máis alta adicada tradicionalmente a arrendamento para restaurante. Actualmente atópase sen actividade e unha nova empresa promove un negocio de hostalería no que se ofertarán os clientes produtos de alta calidade procedentes do mercado de Portonovo e os desembarcos da lonxa local, con elaboracións e receitas tradicionais que  porán en valor a calidade e frescura dos pescados e mariscos ofertados.

O novo restaurante pretende ser un referente de cara á posta en valor da economía pesqueira local e da gran calidade dos produtos pesqueiros e marisqueiros da zona, elevando o grado de coñecemento dos mesmos por parte dos visitantes e contribuíndo á sostibilidade e promoción da actividade pesqueira e a cultura do mar na vila de Portonovo e os seus arredores.

Datos xerais
Acrónimo: 
GALP 6 - 172
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Canexol S. L.
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Empresa privada (Sociedade limitada)
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para
Convocatoria - ano: 
2021
Data de aprobación: 
18/08/2021
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
8
Anualidades: 
1
Data fin de execución: 
31/10/2021
Ámbito de aplicación: 

Portonovo (Sanxenxo)

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
174.897,02 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
127.363,36 €
Total axuda pública aprobada (€): 
57.313,51 €
% Subvención: 
45 %
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
48.716,49 €
FEMP (%): 
85
CA (€): 
8.597,03 €
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
5,2
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
1
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O obxectivo xeral do proxecto é contribuír ao aumento de valor do produto pesqueiro local a través do seu procesado nun novo negocio de hostaleira na zona portuaria de Portonovo, no que os produtos que se ofrezan ós clientes sexan na súa meirande parte, produtos típicos galegos, e máis concretamente, produtos do mar (pesqueiros e marisqueiros) procedentes dos desembarcos locais do porto de Portonovo. 

O desenvolvemento do proxecto busca o aumento de valor, creación de emprego e promoción do autoemprego.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

O novo modelo de negocio xerará unha nova necesidade no cliente e polo tanto xerará demanda específica, contribuíndo a dinamización do emprego local e do mecado de desembarcos da lonxa local.

  • Creación de emprego local.
  • Posta en valor do produto local
  • Creación dun novo negocio
  • Ampliación de servizos desestacionalizados contribuíndo á diversificación da economía local.
  • Ampliación dos servizos turísticos
  • Aproveitamento da cultura pesqueira e gastronómica local. 

 

Principais actividades do proxecto: 

Trátase de un negocio de hostalería no que se ofertarán os clientes produtos de alta calidade procedentes do mercado de Portonovo e os desembarcos da lonxa local, con elaboracións e receitas tradicionais que porán en valor a calidade e frescura dos pescados e mariscos ofertados.

O novo restaurante estará situado no edificio que alberga a sede da Confraría de Pescadores San Roque de Portonovo, e pretende ser un referente de cara á posta en valor da economía pesqueira local e da gran calidade dos produtos pesqueiros e marisqueiros da zona, elevando o grado de coñecemento dos mesmos por parte dos visitantes e contribuíndo á sostibilidade e promoción da actividade pesqueira e a cultura do mar na vila de Portonovo e os seus arredores.

Para elo, levarase a cabo un acondicionamento do local existente, dotándoo de tódolos elementos de cociña necesarios para o seu completo equipamento, así como o do resto do restaurante, que pola súa localización na primeira liña de mar ofertará os seus clientes unha experiencia gastronómica de alta calidade con vistas ó porto pesqueiro de Portonovo.

O novo establecemento integrará a cultura pesqueira da vila de Portonovo na súa decoración, na súa oferta gastronómica e mesmo na súa localización, no centro mesmo da Confraría de Pescadores da vila, poñendo en valor a cultura do mar e ó colectivo de mariñeiros que mesmo subministrarán as capturas que serán ofertadas no restaurante. Incorporarase no proxecto unha piscina de auga salgada na que se exporán os mariscos frescos do día que se poden desgustar, a escoller directamente polo cliente.

Os promotores adquirirán o compromiso de vinculación cos selos de calidade “pescadeRías” e “pescadoartesanal”.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

1. Aumentar o valor, a creación de emprego, a atracción da mocidade e promoción da innovación e do coñecemento en todas as fases da  cadea de subministro dos produtos da pesca e da acuicultura

Obxectivo específico da EDLP: 

1. 1. Promover o crecemento económico da Ría de Pontevedra a partir da intensificación dos esforzos na promoción dos produtos, e da mellora de todos os procesos que integran as actividades da cadea de valor, dende a xestión do recurso e a extracción ata a chegada ao consumidor.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)