Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

CANDIEIRA: REDE DE APOIO E PROMOCIÓN DAS MULLERES DO MAR DE GALICIA

Candieira: Rede de apoio e promoción das mulleres do Mar de Galicia é un proxecto que ten o obxectivo de reforzar a gobernanza e empoderamento das mulleres do sector pesqueiro mediante a creación unha Rede colaborativa cara a promoción da igualdade das mulleres do mar no ámbito galego, e a través de programas de dinamización e participación activa.

Para iso, levaranse a cabo actividades como encontros locais para a dinamización e activación do proceso de emprendemento e creación da Rede de apoio e promoción das mulleres do mar de Galicia e laboratorios de emprendemento para o deseño de iniciativas innovadoras nos territorios.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
GALP Ría de Pontevedra (coordinador)
Datos de interese: 
www.candieira.net
Perfil empresarial: 
ASOCIACIÓNS: Seis Grupos de acción Local do Sector Pesqueiro
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 3 de agosto de 2016 pola da Consellería do Mar (DOG nº 166, do 02.09.2016) Orde do 31 de decembro de 2016 polo que se fixa o importe do crédito dispoñible na convocatoria de 2017 (DOG nº 18 de 26.01.2017)
Convocatoria - ano: 
2017
Data de aprobación: 
02/05/2017
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
22
Anualidades: 
2017-2018
Data fin de execución: 
31/10/2018
Ámbito de aplicación: 

Toda a zona pesqueira da costa de Galicia que sexa territorio GALP dende A Guarda ata Narón. Os 56 municipios costeiros beneficiados integrados nos GALP son: Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Paderne, Pontedeume, A Laracha, Carballo, Malpica, Ponteceso, Cabana de Bergantiños,Laxe, Camariñas, Vimianzo, Muxía, Fisterra, Corcubión, Cee, Dumbría, Carnota, Muros, Outes, Noia, Porto do Son, Boiro, Cambados, Catoira, O Grove, A Illa de Arousa, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Ribadumia, Ribeira, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Bueu, Marín, Pontevedra, Poio, Sanxenxo, Meaño, Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, O Rosal, Oia,
Baiona, A Guarda.
Os municipios do GALP Golfo Ártabro Sur, colaborador do proxecto son; Arteixo, Bergondo, A Coruña, Cambre, Culleredo e Oleiros

 

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
136.125,00
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
136.125,00
Total axuda pública aprobada (€): 
136.125,00
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
115.706,25
FEMP (%): 
85
CA (€): 
20.418,75
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
120
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Obxectivo xeral: Reforzar a gobernanza e empoderamento das mulleres do sector pesqueiro mediante a creación unha Rede colaborativa cara a promoción da igualdade das mulleres do mar no ámbito galego, e a través de programas de dinamización e participación activa.

Obxectivos específicos:
1.    Promover unha cultura de traballo en rede, para a promoción de actividades e iniciativas relacionadas coa igualdade de xénero no sector pesqueiro.
2.    Coñecer a realidade social do sector, abordando as súas problemáticas e definindo os seus principais retos e prioridades.
3.    Reforzar o empoderamento das mulleres a nivel persoal, laboral ou profesional, promovendo unha sociedade, e sobre todo un sector, máis xusto e igualitario.
4.    Mellorar a capacidade organizativa e a autoorganización das mulleres do mar a través da implicación propia e dos colectivos formados por estas.
5.    Promover unha estratexia de emprendemento feminino que permita mellorar, manter, e reforzar o emprego das mulleres, afondando tamén na mellora das súas condicións laborais.
6.    Capacitar as mulleres do mar en diferentes materias relacionadas co seu desenvolvemento persoal e profesional.
7.    Intercambiar boas experiencias en materia de igualdade entre os diferentes GALP galegos.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

1.    Diagnose da realidade social das mulleres do mar nas zonas costeiras.
2.    Web e Redes sociais do proceso, que tamén podería ser empregada na Rede.
3.    Catálogo de experiencias innovadoras de proxectos emprendidos ou a emprender por mulleres no ámbito das actividades vinculadas ao mundo do mar.
4.    Catálogos de recursos para o emprego e o emprendemento das mulleres do mar.
5.    Modelos das accións formativas-dinamizadoras vinculadas aos diferentes programas,
6.    Constitución da Rede de Mulleres.

Principais actividades do proxecto: 

1.    Encontros locais para a dinamización e activación do proceso de emprendemento e creación da Rede de apoio e promoción das mulleres do mar de Galicia.
2.    Laboratorios de emprendemento para o deseño de iniciativas innovadoras nos territorios.
3.    Programa de acompañamento a emprendedores para levar a cabo os proxectos de carácter social o empresaria que xurdan nos laboratorios.
4.    Programa de asociacionismo: formación-acción para promover o asociacionismo das mulleres.
5.    Encontro final e constitución da rede de apoio ás mulleres no ámbito do mar.
6.    Comunicación en web e redes sociais. Portal web.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

obxectivo estratéxico:  Gobernanza

Obxectivo específico da EDLP: 

1. Actuacións de cooperación no seo do sector pesqueiro
2. Promoción da aprendizaxe permanente

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)