Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

CINTAPESC: Automatización do proceso de poxa de produtos pesqueiros na lonxa de Bueu (GALP 6 - 009)

O proxecto consiste implantación na Lonxa de Bueu dun sistema automatizado de poxa. O sistema posibilitará ademais a participación de usuarios compradores non presentes na lonxa mediante a integración de procesos de venda on line e o seguimento das transaccións e actividade de venda por parte do público situado nas zonas de visitas e /ou a través de canles de internet.

Datos xerais
Acrónimo: 
CINTAPESC
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Confraría de pescadores San Martiño de Bueu
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Confraría de pescadores
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 24 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2016
Data de aprobación: 
02/12/2016
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
<1
Anualidades: 
2016
Data fin de execución: 
31/12/2016
Ámbito de aplicación: 

Bueu

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
95.135
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
95.135
Total axuda pública aprobada (€): 
95.135
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
80.864,75
FEMP (%): 
85
CA (€): 
14.270,25
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Mellora da competitividade da lonxa pesqueira de Bueu a través da mellora das súas infraestruturas implantando unha solución tecnolóxica que permita optimizar os procesos de identificación, pasaxe, etiquetado e venda de produto.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

- Mellora na calidade e incremento no control e na trazabilidade dos produtos

- Mellora nas condicións de traballo da lonxa.

- Mellora da capacidade de servizos para os clientes da Lonxa de Bueu

Principais actividades do proxecto: 

No proxecto se contemplan as seguintes actuacións:

- Implantar un sistema de poxa sobre cintas transportadoras, de xeito que o peixe exponse na zona de venta de forma automatizada, sen manipulación algunha por parte dos operadores (compradores e vendedores). A cinta transportadora integra os procesos de identificación, pesaxe, subasta, etiquetado e trazabilidade de forma automatizada.

- Implantar un sistema de seguimento de transacción a través de medios visuais (pantallas TV) nos que se poderá observar o produto de forma directa dende a zona habilitada para tal efecto y/o a través das pantallas de información nas pantallas da propia cancha de subasta e que permitirá a ampliación futura para a visualización das tarefas de subasta por parte dos visitantes (turistas, colexios, etc.) dende as áreas habilitadas o efecto, se entorpecer a labor diaria dos profesionais e o cumprimento coa normativa.

- Integrar os novos procesos co sistema de información e subasta xa dispoñible na lonxa.

- Incorporar novas funcionalidades necesarias para a participación dos axentes operadores, compradores e vendedores mediante accesos telemáticas: Previsión de arribos, pedidos previos a subasta, publicación de cotizacións e participación na subasta de forma remota.

 
Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Aumentar o valor, a creación de emprego, a atracción da mocidade e a promoción da innovación e do coñecemento en todas as fases da cadea de subministro dos produtos da pesca e da acuicultura.

Obxectivo específico da EDLP: 

1.1. Promover o crecemento económico da Ría de Pontevedra a partir da intensificación dos esforzos na promoción dos produtos, e da mellora de todos os procesos que integran as actividades da cadea de valor, dende a xestión do recurso e a extracción ata a chegada ao consumidor.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)