Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Contratación: Asistencia técnica para apoio administrativo ao GALP Ría de Pontevedra

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Ría de Pontevedra ten asinado un convenio coa Consellería do Mar para a xestión das axudas do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca ao abeiro da Estratexia de Desenvolvemento Local participativo que implican, para o Grupo, a xestión de expedientes tanto de solicitude de axuda como de xustificación dos mesmos. Ademais o Grupo debe xustificar perante a Consellería do Mar os seus gastos con carácter trimestral e, en xeral, cumprir coas condicións de xestión establecidas no Convenio de referencia.

A Xunta Directiva do GALP acordou a contratación ata o mes de agosto, a media xornada dunha asistencia técnica que reforce o equipo técnico para a xestión administrativa requirida polo Convenio asinado pola Consellería do Mar.
Con este motivo solicitamos a súa mellor oferta para os seguntes servizos:
- Asistencia técnica administrativa por unha duración ata o 1 de agosto de 2018, a media xornada. Na oferta deberá especificarse:
- Perfil profesional e experiencia previa da persoa que realizará a Asistencia técnica.
- O horario de traballo será de luns a venres de 10:00 a 14:00. Calquera outra proposta deberá incluirse na súa oferta e deberá ser validada polo GALP Ría de Pontevedra
- Posibilidade de incorporación inmediata.
- Prezo por mes. Entenderase prorrateado en función dos días traballados, no caso de meses no completos.