Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Descrición

Misión, visión e valores da EDLP

Misión: misión é a meta xeral que actuará como referente último da actuación da entidade.

O GALP Ría de Pontevedra quere axudar a mellorar as condicións de vida e as oportunidades de desenvolvemento actuais e futuras dos integrantes da comunidade costeira na zona. Facilitará coas súas accións a competitividade dos produtos e dos produtores, o benestar da veciñanza e o aprecio dos visitantes, construíndo co uso sostible dos recursos do mar, da contorna costeira e da herdanza mariñeira un emblema de desenvolvemento.

Visión: visión é, en esencia, unha imaxe que se proxecta no futuro que se desexa para o GALP. É un factor utópico “ideal” que empurra a organización a actuar dunha maneira integrada.

O territorio do GALP Ría de Pontevedra será recoñecido, tanto polos seus integrantes como dende fóra, como un exemplo de rexeneración e protección do medio litoral, dos recursos naturais e da herdanza e o patrimonio costeiros. Esta aposta transformarase no principal distintivo de calidade na promoción dos produtos e servizos da zona, garantindo a mellora das oportunidades, a cohesión do territorio e o benestar social.

Valores: calquera organización que promove iniciativas de carácter público ou privado ten como base unha serie de valores, que son un elemento central que artella a definición das súas estratexias. Estes son inherentes ás organizacións, pero tamén son unha determinada maneira de xestionar procesos.

O GALP Ría de Pontevedra é unha organización aberta, de ampla base democrática, facilitadora da gobernanza e da integración e participación activa de todos os axentes de representación colectiva: territoriais, institucionais, sociais e económicos, tanto públicos como privados sen ánimo de lucro, interesados en promover o desenvolvemento integral e equilibrado da zona costeira. Tal e como recollen os seus estatutos, rexerase polos principios de representación, de observancia da legalidade e de democracia interna no seu funcionamento no marco da Constitución e no resto do ordenamento xurídico pola Lei orgánica 1/2002 de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.

As actuacións do GALP da Ría de Pontevedra estarán fundamentadas nos seguintes valores:

  • Valores de calidade nos servizos que ofrece o GALP.

O GALP Ría de Pontevedra como entidade colaboradora para a xestión de fondos públicos comprométese cos seguintes valores:

  • Transparencia no  gasto e equidade nas decisións  e  na  xestión  dos recursos.
  • Mellora continua na prestación de servizos á cidadanía.
  • Cooperación e colaboración con outras entidades públicas e privadas.
  • Valores propios da gobernanza inspiradora da entidade:

O GALP Ría de Pontevedra ten como xermolo a promoción da gobernanza do territorio e servir, por tanto, de axente integrador deste, polo que actuará cos seguintes valores de referencia:

  • Fomento da participación dos axentes sociais e do empoderamento das comunidades costeiras.
  • Fomento da cohesión social e territorial e  das  iniciativas  de vertebración.
  • Fomento do emprego de calidade e do benestar social.
  • Igualdade de  oportunidades,  promoción  activa  da  inclusión e  do respecto pola diversidade e non discriminación, tanto nas actuacións que promova o grupo como nas de terceiros.
  • Protección  do medio, das tradicións e das prácticas sostibles e do patrimonio.
  • A aposta por un desenvolvemento económico sostible, integrador e socialmente equitativo. 
  • Aposta  pola innovación e  todos  os  eidos  da  actuación  do  GALP,  polas melloras na formación e polo acceso xeneralizado ao coñecemento.
  • Valores propios da xestión de recursos públicos:
    • A economía, eficacia e eficiencia no gasto público.
    • A pertinencia das accións que promova en relación á estratexia definida.
    • A coherencia cos obxectivos do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca.
    • A complementariedade deste programa con outros que paralelamente actúan no territorio.

No contexto da presente estratexia, o GALP velará polo traslado destes principios e valores a todas as accións promovidas dende o grupo e encamiñadas á consecución dos seguintes obxectivos que constitúen o cerne da estratexia.

PDF icon Descrición

PDF icon Texto completo EDLP