Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

“FALANDO DE MERGULLO E LIXO MARIÑO”

Este proxecto é a continuidade dos traballos realizados por Rías de Vida para o coñecemento e a realidade da biodiversidade dos nosos fondos, así como aumentar as posibilidades do mergullo, como actividade deportiva, económica, turística e de formación laboral en todos os ámbitos. Iniciaremos as actividades con limpezas do lixo mariño que se atopa nos principais puntos de mergullo deportivo da nosa ría, priorizando a retirada de elementos perigosos (os aparellos de pesca abandonados, perdidos ou descartados (ALDFG) segundo indicacións e normativa da FAO) tanto para mergulladores como fauna pola posibilidade de quedar enganchados, así como polos residuos das mesmas que conteñen lastres de chumbo, uns dos principais contaminantes das nosas augas pola disolución de metais pesados e a súa absorción na cadea trófica.

Datos xerais
Acrónimo: 
GALP 6 - 203
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Asociación Cultural Rías de vida
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Entidade sen ánimo de lucro
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2021
Data de aprobación: 
18/08/2021
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
8
Anualidades: 
1 (2021)
Data fin de execución: 
31/10/2021
Ámbito de aplicación: 

Poio

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
3.763,39 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
3.110,24 €
Total axuda pública aprobada (€): 
2.488,19 €
% Subvención: 
80%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
2.114,96 €
FEMP (%): 
85%
CA (€): 
373,23 €
CA (%): 
15%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  • Desenvolver o coñecemento e a conciencia ambiental sobre as especies da Ría e a cultura do mar, ensinando de forma amena e visual ás novas xeracións, con explicación significativa dalgunhas especies, a pesca sustentable, artesanal e miticultura, así como documentar parte do noso patrimonio mergullado. Tamén difundir a relación e a importancia das especies entre elas e como forman parte do noso ecosistema, mesmo informar dos problemas xerados pola contaminación, cambio climático, especies invasoras, etc.
  • Difundir a actividade do mergullo como opción de futuro para o traballo dos mozos, a modo de exemplo falamos de recolectores submariños, Ciencias do mar, Bioloxía mariña, Salvamento marítimo, Ciencias Medioambientais, Inxeñerias, Arqueoloxía, sen esquecer as profesiones deportivas e turísticas.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

O achegamento da vida submariña aos mozos e mozas, contada desde a perspectiva dos mergulladores relacionados co medio ambiente, permítenos explicar cal é a realidade da nosa Ría, a experiencia do noso equipo multidisciplinar (todos e todas mergulladores), na xestión ambiental, saúde e educación. Tentaremos conseguir que aprecien a Ría como algo merecedor de coidados e respecto. Os resultados iranse vendo co tempo, cada vez que se acheguen a unha praia, un porto, un mercado e recoñezan as especies e saiban diferenciar as accións correctas e incorrectas cara á súa contorna. Con este novo proxecto pretendemos concienciar á poboación en xeral sobre a importancia do control dos residuos e o consumo responsable baseado na sustentabilidade dos recursos mariños.

Todos os nosos vídeos manteranse na web, en redes sociais e a canle de Youtube " RÍAS DE VIDA GALICIA" de forma ilimitada no tempo e de descarga libre e gratuíta con fins non comerciais.

Principais actividades do proxecto: 

Iniciaremos as actividades con limpezas do lixo mariño que se atopa nos principais puntos de mergullo deportivo da nosa ría. Priorizando a retirada de elementos perigosos (Os aparellos de pesca abandonados, perdidos ou descartados (ALDFG) segundo indicacións e normativa da FAO) tanto para mergulladores como fauna pola posibilidade de quedar enganchados, así como polos residuos das mesmas que conteñen lastres de chumbo, uns dos principais contaminantes das nosas augas pola disolución de metais pesados e a súa absorción na cadea trófica.

A metodoloxía para empregar na limpeza dos fondos será a seguinte - O máis importante, A SEGURIDADE - Todos os integrantes dos grupos de mergulladores e mergulladoras (serán mixtos) terán a titulación e experiencia suficiente para manterse ás profundidades de limpeza

 - Previamente informarase aos grupos de traballo da zona para limpar, limitacións de tempos de fondo, tipos de residuos preferentes a retirar e especies de especial protección.

- Durante a inmersión para a recollida dos residuos farase uso de luvas de protección, material de corte (coitelos / serras de man) e cestas plásticas equipadas de globo de elevación para o traslado polos fondos sen provocar arrastres e o seu traslado a superficie.

- Os mergulladores e mergulladoras irán sempre por parellas, mantendo de forma obrigatoria a distancia mínima de visibilidade entre outras parellas.

- En cada limpeza efectuaranse de dúas a tres inmersións consecutivas dependendo da profundidade e respectando sempre os tempos obrigatorios de intervalo en superficie.

 - Durante as limpezas efectuaranse fotografías e vídeos da realización das mesmas.

- Unha vez finalizada a xornada e chegado a porto procederase ao depósito dos materiais retirados nos contedores de residuos da zona portuaria.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Impulsar o patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación dos efectos do cambio climático, así como contribuír a concienciación cidadá en estes ámbitos.

Obxectivo específico da EDLP: 

3.2. Promover iniciativas de posta en valor e protección dos recursos naturais, de redución da pegada de carbono e de mitigación dos efectos do cambio climático.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)