Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Mar das Illas: Sostibilidade e boas prácticas na pesca - turismo

O proyecto quere promover o desenvolvemento por parte do sector pesqueiro de actividades de diversificación que permitan visibilizar e garantir a sostibilidade das súas prácticas no ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia a través da formación e da regulación de melloras da comercialización de produtos e servizos da pesca no PNMT das Illas Atlánticas de Galicia.

Datos xerais
Acrónimo: 
Mar das Illas 2
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
GALP Ría de Pontevedra
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
-
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
ORDEN de 3 de agosto de 2016 por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión de ayudas, en régimen de concurrencia competitiva, a proyectos de cooperación interterritoriales y trasnacionales de los grupos de acción local
Convocatoria - ano: 
2018
Data de aprobación: 
25/09/2018
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
6
Anualidades: 
2018
Data fin de execución: 
31/10/2018
Ámbito de aplicación: 

Toda a zona de influencia do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia: Boiro, Cambados, Catoira, O Grove, A Illa de Arousa, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Ribadumia, Ribeira, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa / Bueu, Marín, Pontevedra, Poio, Sanxenxo, Meaño / Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, O, Baiona, Rosal, Oia, A Guarda.

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
34.308,50
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
32.554,00
Total axuda pública aprobada (€): 
32.554,00
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
27.670,9
FEMP (%): 
85
CA (€): 
4.883,10
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O principal obxectivo do proxecto é promover o desenvolvemento por parte do sector pesqueiro de actividades de diversificación que permitan visibilizar e garantir a sostibilidade das súas prácticas no ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia a través da formación e da regulación de melloras da comercialización de produtos e servizos da pesca no PNMT das Illas Atlánticas de Galicia.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Os principais resultados que se obterían co proxecto que se agardan son:

  • A elaboración dunha regulación sectorial de turismo mariñeiro que promova a pesca – turismo e o turismo mariñeiro sostible no ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas garantindo o correcto uso e estado de conservación ambiental e ecolóxico do parque e a súa área de influencia.
  • A realización dun Código de Boas Prácticas para o sector pesqueiro que permita a mellora da sostibilidade garantindo a continuidade dos recursos pesqueiros e marisqueiros no entorno do Parque Nacional das Illas Atlánticas e a súa visibilización a partir do desenvolvemento dun distintivo de procedencia segundo se recolle no PRUX do PN.
  • Outorgar as ferramentas para a realización de actividades de turismo mariñeiro nas Rías Baixas polo Sector Pesqueiro facendo fincapé no uso sostible dos recursos.
  • reforzo da gobernanza e o empoderamento do sector pesqueiro das Rías Baixas a partir da súa participación en programas de formación, que van a mellorar as capacidades dos mariñeiros/as, mariscadoras e outros colectivos relacionados co sector pesqueiro que queiran desenvolver actividades turismo mariñeiro e pesca - turismo.
Principais actividades do proxecto: 

1. Elaboración da regulación do turismo mariñeiro: Proposta de regulación sectorial a partir dunha mesa de traballo na que participarán membros do sector pesqueiro e na que procurarase a colaboración das administracións implicadas na mesma a partir a Rede de técnicos en turismo mariñeiro constituída na fase anterior do proxecto MAR DAS ILLAS.

 

2. Definición dun Código de Boas Prácticas para a pesca no ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas segundo o PRUX:  Definirase un Código de Boas Prácticas para a pesca no ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas que asegure unha pesca sostible e artesanal na zona de influencia do Parque Nacional, permita o desenvolvemento un distintivo de procedencia e determine o emprego de artes selectivas, non invasivas co medio ambiente que garantan a continuidade e a posta en valor dos recursos pesqueiros e marisqueiros.

 

3. Formación dos profesionais do mar: Desenvolvemento de dous cursos de formación, un inicial en turismo mariñeiro dirixido ao colectivo do sector marítimo pesqueiro do ámbito dos GALP das Rías Baixas e un segundo curso dedicado á pesca sostible. Con esta formación preténdese achegar ás persoas participantes á xestión da actividade no marco do turismo mariñeiro e da difusión do patrimonio marítimo pesqueiro da zona así como complementar o perfil profesional destes profesionais para a divulgación do patrimonio marítimo pesqueiro e da cultura mariñeira ademais de formar aos profesionais do mar en temática ambiental promovendo a pesca sostible e non invasiva co medioambiente garantindo a continuidade dos recursos pesqueiros.

Dentro do desenvolvemento do curso adicarase especial atención ao coñecemento do Parque Nacional das Illas Atlánticas tanto como fonte de recursos pesqueiros do ámbito de actuación do sector marítimo - pesqueiro como de espazo natural protexido e de enorme interese turístico.

 

4. Actividades de comunicación:

  • Xornadas de divulgación e comunicación con medios: Realizaríase unha promoción do proxecto a través da celebración de xornadas de divulgación e do proceso a través dos diferentes medios de comunicación, co obxectivo de visibilizar o proxecto a escala global e local.
  • Xestión de información en web e redes sociais. Crearíase un novo apartado na web do proxecto “Mar das Illas Atlánticas” (www.mardasillas.com) onde se informará sobre este novo proxecto e as súas diferentes actividades para chegar aos axentes implicados a nivel virtual e para compartir coñecemento. As webs dos GALPs e as redes sociais xogarán un importante papel na propagación das actividades do proxecto e na promoción do mesmo, reforzando a propagación dos contidos da web e aumentando a interacción.

3. Material divulgativo: Se procederá á elaboración e publicación do material divulgativo sobre o Código de Boas Prácticas para a súa difusión entre o sector pesqueiro artesanal.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

2. Apoyar a la diversificación dentro o había sido de la pesca comercial, apoyo al aprendizaje permanente, a la creación de empleo y a la mejora del bienestar social de la zona costera.

3. Impulsar e aproveitar o patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras e acuícolas.

4. Protección e posta en valor do patrimonio

5. Fomentar a cooperación

Obxectivo específico da EDLP: 

2.1.1. Diseño e iniciativas de turismo desestacionalizado apoyado en el sector pesquero y la cultura y tradición marinera.

2.1.2. Mellora da oferta de produtos e servizos de integración intersectorial, abondando en medidas para a desestacionalización do turismo e na sostibilidade das iniciativas.

3.1.1. Mellora da capacidade das comunidades para a adopción de prácticas de conservación, protección, mitigación de impactos sobre o patrimonio natural e para a súa posta en valor.

4.1.2. Reconstruír, valorizar e contribuír a mantener e a difunfir o patrimonio con maior vinculación ao mar e ás actividades costeiras.

5.1.1. Actuacións de cooperación no seo do sector pesqueiro

5.1.2. Promoción de aprendizaxe permanente

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)