Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O Casal da Martiña: construción e acondicionamento de nove apartamentos turísticos (GALP 6 - 042)

O presente proxecto de inversión consiste na construción e acondicionamento de 9 apartamentos turísticos, nunha primeira fase, no concello de Poio, concretamente no lugar de Camiño Real, número 20 Parroquia de San Xoan, co nome comercial “O Casal da Martiña”. Posteriormente se espera realizar unha segunda fase engadindo 3 apartamentos turísticos adicionais e nunha terceira fase na que se espera incorporar a casa matriz que data de fai dos séculos, e na que se vai recuperar o patrimonio cultural , nesta casa se esperan construír estudios turísticos.

As instalacións van a constar inicialmente nesta primeira fase de 9 apartamentos turísticos distribuídos en dúas áreas, 3 deles dispoñen de dúas plantas e constan de dous dormitorios, e 6 posúen un dormitorio e atópanse na pranta baixa ( no futuro esperase acometer unha segunda fase de inversión que inclúa a construción de novas prazas coa construción de 3 apartamentos turísticos adicionais e a incorporación da casa matriz.

Estes 9 apartamentos turísticos supón a oferta de 30 prazas (24 fixas e 6 convertibles).

Datos xerais
Acrónimo: 
O Casal da Martiña
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
O Casal da Martiña S. L.
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Sociedade limitada. Os socios que constitúen O Casal da Martiña S. L. teñen unha dilatada experiencia no ámbito turístico, en particular, no ámbito do aloxamento hosteleiro.
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 24 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desen
Convocatoria - ano: 
2017
Data de aprobación: 
21/08/2017
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
3
Anualidades: 
2017
Data fin de execución: 
31/10/2017
Ámbito de aplicación: 

Concello de Poio

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
960.407,93 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
937.118,72 €
Total axuda pública aprobada (€): 
200.000 €
% Subvención: 
21,3
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
170.000,00
FEMP (%): 
85 %
CA (€): 
30.000,00
CA (%): 
15 %
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
1,083
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
1
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O obxectivo do presente proxecto de inversión consiste en apoiar a diversificación das zonas costeiras adicadas principalmente á pesca e acuicultura, mediante a explotación doutros negocios vinculados á pesca que permitan fomentar o crecemento económico da zona, a creación de postos de traballo, neste caso mediante a construción e acondicionamento de 9 apartamentos turísticos no concello de Poio ( na segunda fase vanse construír tres mais e nunha terceira habilitar a casa matriz como estudios turísticos) que estarán abertos todo o ano e o que se pretende ademais de ofrecer aloxamento aos seus clientes, á posibilidade de explotar os recursos endóxenos da zona de Poio (visitas a conserveiras, á lonxa, visitas gastronómicas incidindo nos recursos procedentes do mar..)

Ademais con esta actuación preténdese crear 1,083 UTAS, equivalentes a 5 postos de traballo a xornada parcial.

En definitiva, o que se pretende é a creación de emprego vinculado a novas actividades económicas, apoiando a diversificación fóra da pesca comercial e a mellora do benestar social na zona costeira.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Coa explotación deste negocio hosteleiro se espera a creación de 5 postos de traballo a tempo parcial, equivalente a 1,083 UTAS con carácter anual e o posto da autónoma de carácter anual.

Con esta actuación consistente na construcción e explotación de 9 apartamentos turísticos espérase promover o aproveitamento dos recursos do Concello de Poio, aproveitando a herdanza do mar coas oportunidades de turismo para lograr a dinamización económica e a cohesión social e territorial, neste senso os promotores de “O casal da Martiña”  van ofrecer aos seus clientes á posibilidade de explotar os recursos endóxenos da zona de Poio, organizando para os seus clientes visitas ás conserveiras de Poio, á lonxa de Campelo para coñecer o proceso de extracción da ameixa da ría, a depuración e subasta, así como potenciar a gastronomía do concello mediante a visitas a furanchos donde podan degustar productos procedentes do mar,  asi como a visita aos restaurantes con estrela Michelín ubicados no concello de Poio ( Casa Solla e Pepe Vieira), promover o turismo nautico e deportivo, ...logrando con estas actuacións aproveitar os recursos cos que conta o concello de Poio e completar a oferta aos turistas non só coa posiblidade de aloxarse nun apartamento,  senón completando a súa estancia coa realización deste tipo de actividades, que incluso se poderán incrementar ofertando a opción de pasear pola ria en barco,  así como contribuir á dinamización dos recursos patrimoniais e culturais deste concello marítimo, ofertando visitas ao Conxunto histórico , artístico e pintoresco de Combarro, cos seus hórreos, cruceiros e casas mariñeiras, que reflexan a perfecta simbiose entre as tareas do mar combinadas coa agricultura de subsistencia.

Principais actividades do proxecto: 

O Casal da Martiña, S.L. posúe uns terreos de 2.764m2 , donde se van a construir os 12 apartamentos turísticos e estudios, 9 nesta primeira fase e o resto nunha segunda e terceira fase, ubicados no lugar de Camiño Real do Casal, número 20, parroquia de San Xoan de Poio.

 
Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

2. Apoiar á diversificación dentro ou fóra da pesca comercial, apoio ao aprendizaxe permanente, á creación de emprego á mellora do benestar social na zona costeira

Obxectivo específico da EDLP: 

2.1 Promover o aproveitamento dos recursos do territorio reforzando a asociación da herdanza do mar coas oportunidades para o turismo, a dinamización da actividade económica, e a cohesión territorial

2.1.1. Deseño e iniciativas de turismo desestacionalizado apoiado no sector pesqueiro e a cultura e tradición mariñeira.

Contribución do proxecto á EDLP:

 

Como xa se comentou nos puntos anteriores, os promotores de “O casal da Martiña”, van a promocionar os recursos turísticos do concello de Poio para contribuir á desestacionalización do turismo, apoiandose no sector pesqueiro, cultura e recursos marítimos da zona, ademais de contribuir á creación de emprego.

Para isto vaise elaborar uns planos que serán entregados aos clientes para informar dos recursos que posúe o Concello de Poio en materia de turismo e como apoio ao sector pesqueiro, e que se ubican ademais cerca de donde se van a construir os apartamentos turísticos.

 

•   Rutas de senderimo polo litoral, entre o paseo da praia de Lourido, pasando pola lonxa ata chegar á Seca.

•   Sendas fluviais o Muiño da Freixa.

•   Visitar á lonxa de Campelo.

•   Visita á depuradora en Campelo.

•   Visitas a empresas conserveiras, Conservas Pescamar

•   Turismo gastronómico para fomentar os productos procedentes do mar: se elaborará unha guía de furanchos e restaurantes con estrelas Michelin ubicados no Concello de Poio, Casa Solla e Pepe Vieira.

•   Ruta arqueolóxica de A Caeira, vista de petróglifos.

•   Reconstrucción da adega existente para destinar a recepción do establecemento turístico ademais se vai a dedicar a un pequeno museo etnográfico para mostrar ós visitantes os instrumentos da pesca artesanal de costeira.

 

Para acadar o obxectivo de desestacionalizacion do turismo mais aló do turismo de sol e praia estereotipo das Rías Baixas vanse editar os seguintes mapas que se adxuntan:

 

1.Mapa da xeográfico das Rías Baixas e cidades dos arredores:  incluíndo Pontevedra, Sanxenxo, O Grove, A Lanzada, Illa de Ons, Illas Cíes, Santiago de Compostela e Vigo.

2. Mapa de turismo de praias do Concello de Poio e arredores.

3. Mapa do turismo nautico e cultural: Combarro, Camiño Espiritual de Poio a Santiago de Compostela e Pontevedra.

4. Mapa do Turismo gastronómico. Estrelas Michelín do concello de Poio,  Pepe Vieira e Casa Solla.

5. Mapa doTurismo gastronómico de proximidade gama media.

6. Mapa do Turismo gastronómico –etnográfico de furanchos nos que degustar productos procedentes do mar.

7. Mapa do turismo náutico de deportivo.

8. Mapa de rutas naturais e de senderismo.

9. Mapa dos parques de marisqueo, onxa de Campelo e conserveiras do concello, Conservas Pescamar e Conservas Camping.

 

Con estos mapas os promotores do proxecto pretenden contribuir á desestacionalización do turismo no concello de Poio destacando os seus recurso endóxenos vinculados ó mar e ofertando unha alternativa ó turismo de sol e praía da etapa estival.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)