Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O GALP Ría de Pontevedra recibe 22 solicitudes para as axudas a proxectos da contorna da Ría

A primeira convocatoria de axudas para o 2020 pechouse o 2 de marzo.

Tras o peche da primeira convocatoria de axudas a proxectos o pasado luns, 2 de marzo, o GALP Ría de Pontevedra recibiu un total de 22 solicitudes, 9 para proxectos produtivos e 13 para proxectos non produtivos.

As solicitudes presentadas supoñen un investimento que se achega aos 3 millóns de euros ( 2.844.183,32 €).

Nº PROXECTOS Nº Proxectos Produtivos Nº Proxectos NON Produtivos
22 9 13
Importe Axuda Solicitada Importe Axuda Solicitada
915.177,20 €  531.561,68 €

Solicitudes por concello:
Sanxenxo: 6
Poio: 8
Pontevedra: 2
Marín: 3
Bueu: 3

En relación á tipoloxía dos proxectos, 12 se enmarcan no obxectivo de xeración de valor engadido de produtos pesqueiros , 3 están orientados ao obxectivo ambiental e 7 pretenden contribuir á posta en valor do patrimonio cultural.

Dentro desta clasificación os obxectivos dos proxectos son moi variados; no que respecta aos proxectos do obxectivo estratéxico 1 dende investimentos en empresas do sector pesqueiro e melloras en prazas de abastos e equipamentos para confrarías de pescadores. Entre os proxectos que contribúen á posta en valor do patrimonio cultural se presentan tamén iniciativas produtivas coma non produtivas destacando entre estas as que poñen o foco na conservación e posta en valor das embarcacions tradicionais.

A contabilización dos postos de traballo que se poden xerar con estes proxectos estará dispoñible nos próximos días.

Durante o mes de febreiro a entidade levou a cabo doce xornadas de asesoramento para a nova orde de axudas a proxectos nas que se trataron cuestións xerais sobre a solicitude das axudas explicando determinados procedementos e trámites. Con todo, cómpre recordar que o GALP Ría de Pontevedra admite a presentación de proxecto ao longo de todo o ano pero pasada a data da primeira convocatoria, as persoas emprendedoras poden presentar a súa solicitude a partir deste intre e será tida en conta na convocatoria de setembro en caso de haber remanentes de financiamento desta convocatoria de marzo.

A convocatoria deste ano conta cun orzamento amplo tanto para os proxectos produtivos –máis de 1,5 millóns de euros- como para os non produtivos -0,5 millóns de euros-. Unha das condicións para que os proxectos presentados puidesen optar á axuda era que encaixasen dentro dos obxectivos da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) como son a mellora da competitividade do sector pesqueiro, marisqueiro e da acuicultura; o fomento da diversificación e a xeración de actividade económica na contorna da ría, as melloras ambientais e proxectos de sensibilización, a revalorización e conservación do patrimonio e o fomento tanto da cooperación como do desenvolvemento local.

O ano pasado entre ambas convocatorias recibíronse 32 solicitudes de axuda, 20 para proxectos produtivos e 22 para os non produtivos. Destes, foron 16 os proxectos aprobados pola Consellería do Mar. O total das axudas aportadas foi de 960.000 euros para un importe subvencionable de 2.021.949 euros e uns orzamentos finais que sumaban 2.441.748 euros.

Desde 2016 o GALP Ría de Pontevedra distribuíu máis de 2,8 millóns de euros destas axudas da Consellería do Mar e do Fondo Europeo do Mar (FEMP). Nestes anos, a entidade financiou máis de cincuenta proxectos na súa área de influencia que xeraron case trinta postos de traballo e consolidaron máis de setenta e cinco.