Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O GRUPO DE ACCIÓN LOCAL DO SECTOR PESQUEIRO DA RÍA DE PONTEVEDRA OFRECE ASESORAMENTO AOS PROMOTORES DE PROXECTOS PARA A SÚA REDACCIÓN

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Ría de Pontevedra na súa Xunta Directiva celebrada o pasado luns día 30, acordou contratar unha asistencia técnica para ofrecer aos promotores de proxectos que se presente á convocatoria aberta ata o martes 28 de febreiro destea anualidade 2017, un servizo de asesoramento técnico na redacción das súas memorias, especialmente para na parte dos estudios de viabilidade económica e financeira.

Todos os proxectos que se presenten ante o GALP da Ría de Pontevedra teñen que garantir a súa viabilidade técnica, económica e financeira e por este motivo, o Grupo ofrece aos promotores un servizo para contrastar os seus estudos e adaptalos aos formatos dos formularios oficiais para a presentación do proxectos.

O servizo está xa operativo e os promotores que así o desexen poden contactar co GALP Ría de Pontevedra para concertar unha entrevista coas persoas que exercen este servizo externo ben a través do correo electrónico: gacpontevedra@gmail.com ou ben a través do teléfono chamando ao 886 21 30 15.