Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Obxectivos

  • OBXECTIVO ESTRATÉXICO 1: Aumentar o valor, a creación de emprego, a atracción da mocidade e a promoción da innovación e do coñecemento en todas as fases da cadea de subministración dos produtos da pesca e da acuicultura.
    • Obxectivo específico 1.1. Promover o crecemento económico da Ría de Pontevedra a partir da intensificación dos esforzos na promoción dos produtos, e da mellora de todos os procesos que integran as actividades da cadea de valor, dende a xestión do recurso e a extracción ata a chegada ao consumidor.
    • Obxectivo específico 1.2. Mellorar a capacitación e as condicións para o emprendemento no tecido produtivo pesqueiro, incrementando as oportunidades de formación dos traballadores e traballadoras e a súa empregabilidade, facilitando o relevo xeracional, as estruturas asociativas e o emprendemento.
       
  • OBXECTIVO ESTRATÉXICO 2: Apoiar a diversificación dentro ou fóra da pesca comercial, a aprendizaxe permanente, a creación de emprego e a mellora do benestar social na zona costeira.
    • Obxectivo específico 2.1. Promover o aproveitamento dos recursos do territorio reforzando a asociación da herdanza do mar coas oportunidades para o turismo, a dinamización da actividade económica, e a cohesión social e territorial.
    • Obxectivo específico 2.2. Contribuír á xeración de emprego a partir da mellora da calidade de vida e a cohesión social e territorial.
       
  • OBXECTIVO ESTRATÉXICO 3: Impulsar e aproveitar o patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación do cambio climático, así como contribuír á concienciación cidadá nestes ámbitos.
    • Obxectivo específico 3.1. Fomentar a conciencia ecolóxica e o aproveitamento sostible do patrimonio ambiental das zonas costeiras para as xeracións actuais e futuras.
    • Obxectivo específico 3.2. Promover iniciativas de posta en valor e protección dos recursos naturais, de redución da pegada de carbono e de mitigación dos efectos do cambio climático.
       
  • OBXECTIVO ESTRATÉXICO 4: Protexer e poñer en valor o patrimonio cultural como recurso emblemático na Ría de Pontevedra, incluído o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.
    • Obxectivo específico 4.1. Protexer o patrimonio cultural, mellorando a súa identificación e documentación e poñendo en valor os recursos identificados, coa finalidade de reforzar a identidade territorial e o valor da zona costeira.
       
  • OBXECTIVO ESTRATÉXICO 5: Fomentar a cooperación e a capacidade dos axentes do territorio para contribuír ao desenvolvemento local.
    • Obxectivo específico 5.1. Promover o intercambio do coñecemento baseado na experiencia con outros territorios entre axentes públicos e privados de todos os sectores participantes no GALP.