Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Proposta de aprobación de proxectos GALP Ría de Pontevedra

A Xunta Directiva do GALP Ría de Pontevedra, en xuntanza celebrada o día 25 de novembro para revisar a proposta de resolución definitiva a raíz da comunicación recibida da Xefa de Servizo de Desenvolvemento das Zonas de Pesca, e en aplicación da mesma, acordou revisar a proposta de resolución definitiva: a) De concesión de axudas que figura no Anexo I, por orde descendente de puntuación dos proxectos. Xúntase a valoración individualizada das condicións de selección de cada proxecto. b) De desestimación das axudas ás solicitudes que se indican no Anexo II, polos motivos que figuran nela. Dita proposta foi remitida á Consellería do Mar acompañada cunha proposta individualizada coas condicións da selección de cada proxecto, como órgano competente, por delegación, para a resolución da concesión das axudas para proxectos ao abeiro das EDLP aprobadas pola Consellería aos GALP.

PROPOSTA DE RESOLUCIÓN DEFINITIVA E ANEXOS

REVISIÓN DA AVALIACIÓN DE PROXECTOS

Esta resolución non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos. (Esta resolución está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina do GALP Ría de Pontevedra e na páxina galp.xunta.gal)