Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

SEA CHARTER DESCUBRE TU RUTA "TURISMO ACTIVO MARIÑEIRO"

O proxecto consiste na adquisición dunha embarcación de recreo e a súa dotación co adecuado equipamento, para desenvolver unha nova actividade dentro do sector turístico.

Datos xerais
Acrónimo: 
SEA CHARTER RÍAS BAIXAS
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Sea Charter Rías Baixas S.L.
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Empresa privada
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 24 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP),
Convocatoria - ano: 
2018
Data de aprobación: 
18/09/2018
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
6
Anualidades: 
2018
Data fin de execución: 
18/09/2018
Ámbito de aplicación: 

Ría de Pontevedra

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
225.114,86 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
186.045,34 €
Total axuda pública aprobada (€): 
83.720,40 €
% Subvención: 
45
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
71.162,34
FEMP (%): 
85
CA (€): 
12.558,06
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
2
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O obxectivo xeral do proxecto é a adquisición dunha embarcación de recreo e a súa dotación co adecuado equipamento, para desenvolver unha nova actividade dentro do sector turístico costeiro que permitirá ao equipo promotor reestruturar e reorientar a súa actividade económica a través do fomento do turismo activo, con creación de emprego e diversificación das actividades realizadas fóra do sector pesqueiro.

 
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Mediante a materialización do proxecto, coa adquisición dunha embarcación  foraborda, tipo cruceiro a motor de recreo, de 9’30 metros de eslora e debidamente equipada (motores e equipos de seguridade) o equipo promotor poderá obter os seguintes resultados:

- Diversificar a súa actividade marítimo – pesqueira mediante a realización durante todo o ano de rutas náuticas e visitas ás principais vilas mariñeiras do territorio.

- Divulgación e valorización do patrimonio natural e cultural mariñeiro da Ría de Pontevedra, mediante a realización de rutas e actividades dirixidas á divulgación e promoción da actividade pesqueira e os seus produtos do mar.

- Fomento e promoción dos produtos procedentes da pesca, marisqueo e acuicultura artesanal local, coas visitas a portos, lonxas, mercados, cetarias e degustacións en restaurantes da costa.

Desestacionalización do turismo náutico, coa organización de visitas nas localidades costeiras e a navegación dinámica que ofrece a embarcación contribuirase ao fomento do turismo en calquera época do ano.

- Apoio e promoción da construción dunha sociedade aberta e participativa, en igualdade de condicións e de non discriminación mediante a organización de visitas e rutas náutico – mariñeiras enfocadas a persoas pertencentes a colectivos desfavorecidos.

Principais actividades do proxecto: 

As actuacións do proxecto son:

- Adquisición dunha Embarcación de recreo de 9’30 metros de eslora “Hardwind  speed”: para ofrecer un transporte náutico “distinto” cunha embarcación máis rápida e dinámica que permite o goce de diversas actividades divulgativas e educativas tanto “en terra” como “a bordo”. Para iso preténdese adquirir un cruceiro a motor de recreo, do tipo  pneumática  semirríxida, de casco e cuberta de  PRFV.

- Equipamento da embarcación para o desenvolvemento de rutas turísticas

- Desenvolvemento dunha plataforma web con tenda  online de última xeración para a difusión das actividades e a xestión de prazas para rutas turísticas, que permitirá a dotación dun portal de acceso público onde se difundirá a información das diversas rutas e actividades turístico – mariñeiras. Incorporarase un Blog que permita a publicación de noticias, artigos e reportaxes gráficos relacionados coas actividades desenvolvidas e divulgación das actividades programadas. Ademais, o deseño da web estará adaptado a dispositivos móbiles.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

2. Apoiar á diversificación dentro ou fóra da pesca comercial, apoio ao aprendizaxe permanente, á creación de emprego a á mellora do benestar social na zona costeira.

Obxectivo específico da EDLP: 

2.1. Promover o aproveitamento dos recursos do territorio reforzando a asociación da herdanza do mar coas oportunidades para o turismo, a dinamización da actividade económica, e a cohesión social e territorial.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)