Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Turlonxa: Turismo na lonxa de Bueu (GALP 6 – 097)

O proxecto consiste na mellora de servizos para a cohesión social e territorial e o benestar de diferentes colectivos vinculados a actividades no mar e da zona, mediante a ampliación e mellora dos servizos turísticos ofertados pola Confraría de cara a pór en valor o patrimonio cultural do sector pesqueiro en xeral e da entidade en particular.

Datos xerais
Acrónimo: 
Turlonxa
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Confraría de pescadores “San Martiño” de Bueu
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Confraría de pescadores
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 24 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDL
Convocatoria - ano: 
2018
Data de aprobación: 
05/09/2018
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
21
Anualidades: 
2018 - 2020
Data fin de execución: 
31/10/2020
Ámbito de aplicación: 

Bueu

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
151.655,35 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
125.335,00 €
Total axuda pública aprobada (€): 
120.091,66 €
% Subvención: 
90,6
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
102.077,91
FEMP (%): 
85
CA (€): 
18.013,75
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O proxecto consiste na mellora de servizos para a cohesión social e territorial e o benestar de diferentes colectivos vinculados a actividades no mar e da zona, mediante a ampliación e mellora dos servizos turísticos ofertados pola Confraría de cara a pór en valor o patrimonio cultural do sector pesqueiro en xeral e da entidade en particular.

As melloras nos servizos se levarán a cabo grazas á adecuación das infraestruturas da lonxa para a realización de visitas guiadas ou non asistidas, permitindo o desenrolo normal do traballo da lonxa cumprindo a normativa hixiénico sanitaria e de calidade hixiénica dos produtos pesqueiros e marisqueiros.

Ademais se promocionaran as actividades pesqueiras entre os máis cativos e a concienciación da igualdade entre homes e mulleres no sector e o fomento da accesibilidade universal ao sector pesqueiro.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Co desenvolvemento do proxecto espérase conseguir os seguintes resultados:

  • Mellora da oferta turística vinculada á actividade pesqueira artesanal.
  • Desestacionalización das actividades turísticas.
  • Mellora dos servizos de calidade dos produtos pesqueiros da lonxa de Bueu.
  • Posta en valor do pescado e marisco, así como da actividade da lonxa de Bueu.
  • Cumprimento das medidas de seguridade hixiénica na lonxa de Bueu.
  • Fomento da actividade pesqueira entre os cativos como fonte laboral.

Fomento da igualdade das mulleres e os homes no sector pesqueiro artesanal

Principais actividades do proxecto: 

O proxecto divídese en varias fases:

Fase 1: Acondicionamento das zonas existentes na lonxa de Bueu. Creación de espazos destinados a desenvolver as actividades do proxecto. Esta fase comprende as seguintes accións:

  • Instalacións de portas de acceso por identificación para os usuarios profesionais da lonxa
  • Separación de espazos
  • Acondicionamento dos novos espazos creados
  • Acometida de electricidade e datos
  • Sinalización e decoración

Fase 2: Reordenación de elementos na lonxa de Bueu. Esta fase comprende as seguintes accións:

  • Reordenación de elementos da lonxa e adecuación da zona de pasaxe do polbo

Fase 3: Creación do espazo de divulgación e instalación dos soportes para a súa proxección. Esta fase comprende as seguintes accións:

  • Produción dunha serie de vídeos de entre 3 e 10 minutos de duración sobre a actividade pesqueira artesanal
  • Instalación de monitores táctiles interactivos conectados a cámaras
  • Creación da contorna (software) de divulgación da actividade pesqueira artesanal
  • Cabreado e electricidade
  • Acondicionamento
  • Integración coa plataforma pescadoartesanal.com
Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

2. Apoiar á diversificación dentro e fóra da pesca comercial, apoio ao aprendizaxe permanente, á creación de emprego e á mellora do benestar social na zona costeira.

Obxectivo específico da EDLP: 

2.2. Promover o aproveitamento dos recursos do territorio reforzando a asociación da herdanza do mar coas oportunidades para o turismo, a dinamización da actividade económica, e a cohesión social e territorial

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)