Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Unha delegación do Estado de Yucatán visita o GALP Ría de Pontevedra

Unha delegación do Estado de Yucatán visita o GALP Ría de Pontevedra

Unha visita da administración do estado mexicano de Yucatán visitou  o Grupo de Acción Local do sector pesqueiro da Ría de Pontevedra para coñecer os proxectos e as actividades que se están desenvolvendo.

A delegación formada por funcionarios da área de promoción económica e desenvolvemento local mostrou moito interese por coñecer o funcionamento do Grupo e os proxectos que se están a desenvolver na xeración de valor engadido aos produtos da pesca, en particular, os relacionados co polbo, produto co que eles están comezando a traballar.