O albergue turístico Estela do Mar de Baiona será un establecemento que ofreza aloxamento nunha habitación múltiple, compartindo baños e zonas comúns. Está situado en pleno centro de Baiona. Ten ambientación mariñeira como homenaxe ás moitas persoas que se adicaron e adican á pesca na vila.
Ofrece servizos complementarios (cociña, aluguer de bicicletas, rotas guiadas, actividades náuticas, visitas a lonxas e mercados ..) para os usuarios, que son principalmente peregrinos do Camiño portugués da costa e persoas que visiten a vila de Baiona, que buscan un aloxamento económico, con cociña a disposición dos usuarios, e zonas comúns para ser punto de encontro e compartir conversas e experiencias.
Para acadar os obxectivos son necesarias as seguintes actuacións:
- Reforma completa do local para uso turístico
- Instalacións necesarias (fontanería, electricidade ...)
- Mobiliario e equipamento
- Publicidade, web, redes sociais
http://www.esteladomar.com/home-estela-do-mar
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Fomento do crecemento económico e da creación de emprego
Diversificación das actividades cun novo tipo de establecemento e novos produtos turísticos
- Creación de 4 postos de traballo a media xornada, así como outros indirectos que se poidan xerar tanto polas actividades complementarias do albergue, como das sinerxias que se poden crear con outros establecementos hostaleiros e de ocio e tempo libre, debido á maior afluencia de persoas á vila de Baiona
- Creación dun produto turístico innovador para incrementar a capacidade hoteleira e o atractivo da zona, atraendo mais visitantes e por conseguinte, mais actividade económica.
- Reforma do local para uso turístico
- Instalacións necesarias
- Mobiliario e equipamento
- Publicidade na web, redes sociais
- Compra do local
Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.
Conseguir a creación de novos produtos e servizos turísticos intersectorias
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)