Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

DIXITALIZACIÓN DE PROCESOS PESCIRO

PESCIRO está inmerso nun proceso expansivo de vendas no mercado internacional, facendo foco principal para este exercicio no mercado europeo, polo que o desenvolvemento desta ferramenta pode ser fundamental para conseguir estes obxectivos. Basicamente trátase de desenvolver unha solución que conecte ambas as aplicacións e transporte os datos de interese desde o ERP ao CRM e viceversa dunha forma automática. Por unha banda o departamento de compras poderá preparar a información que necesita transmitir á forza de vendas e esta póidao aplicar e integrar de maneira inmediata nas súas ofertas aos clientes que sexan foco obxectivo desas propostas. Igualmente, o departamento de vendas informará o departamento de compras das oportunidades de venda detectadas, para que este afine a súa receptividade de oportunidades de compra. O obxectivo é proporcionar aos comerciais da información necesaria para desenvolver o proceso de venda, proporcionándolles no CRM, datos que se introduciron no ERP pero evitando duplicidades ou o que é peor datos dispares. Desta forma, poderán dispoñer no CRM dos saldos dos clientes, o seu risco comercial, a cobertura do risco, o stock dispoñible e previsto así como datos de facturación e produtos vendidos por cliente, sector e área xeográfica Por tanto trátase de desenvolver unha aplicación de Xestión de Oportunidades de Negocio, que cruce a información de posibles oportunidades de venda, baseándose en oportunidades de compra para facilitar o chegar mellor preparados a un mercado en clara expansión. Igualmente, o departamento de vendas informará o departamento de compras das oportunidades de venda detectadas, para que este afine a súa receptividade de oportunidades de compra

Datos xerais
Acrónimo: 
PESCIRO
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
PESCIRO , SL.
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
EMPRESA PARTICULAR
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
ORDE do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para
Convocatoria - ano: 
2021
Data de aprobación: 
09/08/2021
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
7
Anualidades: 
2021
Data fin de execución: 
31/10/2021
Ámbito de aplicación: 

VIGO

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
133.690,71€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
53.088,19€
Total axuda pública aprobada (€): 
26.544,10€
% Subvención: 
50%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
22.562,48
FEMP (%): 
85%
CA (€): 
3.981,62
CA (%): 
15%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
1
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
28
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O obxectivo principal do presente proxecto é a dixitalización de procesos adecuando determinadas tarefas ás novas ferramentas da Industria 4.0. Desta forma, PESCIRO, S.L.U. continúa no camiño da mellora continua para ser referente en innovación e eficiencia tanto para as traballadores e traballadoras como para os seus clientas e clientes. Adicionalmente, debúxase como obxectivo xeral situar a Vigo e Galicia na vangarda do sector da pesca a nivel mundial, sendo referente unha vez máis, achegando solidez e estabilidade á industria nun momento de crise económica

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

O principal resultado esperado é a mellora de procesos e a optimización de recursos, reducindo tempos e mellorando a calidade do servizo final. Todo iso, redundará nunha mellora da produtividade e por tanto nun beneficio para a empresa, como para as persoas que forman parte dela. Ademais, coa execución do presente proxecto se creará un posto de traballo e permitirá a compañía poder seguir consolidando e creando emprego a curto e medio prazo. Por tanto, un segundo resultado será a creación de emprego nun sector estable nun momento no que as cifras de desemprego non pairan de crecer con motivo da pandemia sanitaria provocada polo coronavirus. E é que o compromiso de PESCIRO, S.L.U. coa comunidade é constante.

Principais actividades do proxecto: 

Tarefa 1: Desarrollo e implantación software Tarefa 2: Servidor Tarefa 3: Plan de Igualdad Tarefa4:Direcciónestratégicadeplanesysistemas Tarefa5:Outsourcing de Dirección

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

OBXECTIVO ESTRATÉXICO 1: Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños

Obxectivo específico da EDLP: 

1.1. Obxectivo específico: Introducir procesos innovadores na produción, comercialización e distribución de produtos locais do mar.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)