
O proxecto está compuesto por dous xornadas de actividades por cada grupo de 6 participantes. Na primeira xornada comezaremos co reparto do material impreso no que se recollerá dun xeito sinxelo e con infografías a información medio ambiental e o patrimonio cultural e paisaxístico que imos abordar nas dúas xornadas así como as nocións básicas de navegación coas que traballaremos nas travesías cunha familiarización cos barcos e as dinámicas de traballo nas mesmas da man dos monitores/patróns (montaje, desmontaje, entrada e saída do peirao, …) así como cos elementos de seguridade. Realizaremos unha travesía a Rande. Na mesma abordaremos como eixes temáticos as sinais de navegación (faros, balizas,…) así como con elementos patrimoniais destacables como son os polígonos de bateas, primeiros poboadores co xacemento castrexo de Domaio e a batalla de Rande como elemento histórico reseñable. Na segunda xornada realizaremos unha travesía cara a saída da ría coñecendo o Parque Nacional das Illas Atlánticas e a Zona de Especial Conservación da Costa de Vela profundizando nas principais características da fauna e flora, evolución da industria pesqueira no litoral coa antiga fábrica de Massó como maior exponente e as conductas responsables de conservación e principais ameazas aos ecosistemas mariños. Nesta liña, recolleremos os residuos atopados na superficie marítima axudados por galapáns e bicheiros co obxetivo de poñer en práctica o sinalado anteriormente. A última parte da sesión a adicaremos promoción da práctica deportiva náutica entre as mulleres. Na actualidade, as mulleres supoñen un escaso 30%. Cifras que reflicten a necesidade de tomar unha acción non só de dar a coñecer o deporte senón de fomentalo facendoo accesible económicamente. Para a execución subcontrataremos ao personal a través dunha empresa especializada en servizos náuticos solicitando varios orzamentos a empresas diferentes seleccionando a oferta máis económica. Previa a celebración do programa de actividade procederemos á adquisición de unha embarcación que nos permita ampliar a nosa flota mellorando a capacidade de traballo, mellorando a fiabilidade do material á vez ca experiencia mellorando as características técnicas das xa dispoñibles. Tamén elaboraremos con carácter previo o material audiovisual e impreso con contido extraído de manuais e bibliografía especializada combinada con infografías que permitan a súa lectura e asentar os conceptos abordados.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Acceso igualitario a práctica deportiva por parte de mulleres en situación de vulnerabilidade
- Mellorar calidade de vida e autoestima das participantes-enquisas anónimas de calidade entre participantes
As actividades terán como punto de inicio e final o Porto Deportivo de Cangas.
Constarán de duas xornadas nas que abodaremos diversos bloques temáticos como son a navegación a vela, fauna e flora e ecosistemas na Ría de Vigo, evolución histórica- marítima da Ría de Vigo.
Alternaremos actividades didácticas en terra con sesións de navegación en embarcacións escola cos correspondentes monitores
Apoio á diversificación dentro ou fóra do sector da pesca comercial, á aprendizaxe permanente e á creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas;
2.2 Conseguir a cración de novos productos e servizos turísticos intersectoriais
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)