Trátase dun proxecto centrado na mellora da gobernanza mediante o estímulo da participación dos seus membros nos órganos de goberno e no funcionamiento xeral da confraría, en particular na organización da comercialización.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Promover a mellora da gobernanza dos recursos económicos (liñas de negocio) da Confraría
- Promover a mellora da gobernanza social, fortalecendo os vínculos dos e das asociadas coa Confraría e poñendo en valor o seu traballo diario
- Promover a visibilidade das mulleres e o seu papel histórico na Confraría de pescadores de Vigo, e promover a incorporación das mulleres aos órganos de goberno
- A mellora da gobernanza das liñas de negocio da Confraría, farán que sexan viables a longo prazo e favorecerán futuras contratacións de persoal especializado, máis concretamente na posta en marcha da nova lonxa de Canido. O estudo de usos e aproveitamentos da nova instalación da Lonxa de Canido, facilitará a posta en marcha dunha instalación con maiores posibilidades de éxito na comercialización dos produtos. A mellora da videovixilancia da Mariña deportiva facilitará manter as prazas de amarre ocupadas mais tempo durante o ano, e facilitarán o traballo ao persoal da Confraría
- O fortalecemento dos lazos entre a Confraría e os seus asociados e asociadas, facilitará a boa marcha das liñas de negocio, centralmente no relacionado co fornecemento de produtos do mar para a súa venda na nova Lonxa de mariscos
- Promover a visibilidade da muller na Confraría de pescadores de Vigo, tan masculinizada nos últimos anos, favorecerá que nun futuro próximo existan máis mulleres socias e maior representación nos órganos de goberno
- Mellora da gobernanza social - Gobernanza de xénero: Diagnose participativa para a posta en valor do papel da muller na confraría
- Mellora da gobernanza social - Campaña de vinculación emocional coa Confraría: Campaña para dar a coñecer a Confraría de Vigo e a súa contorna
- Gobernanza: liñas de negocio - Escaparate virtual de Canido: Creación dun espazo web que serva de escaparate online para a promoción e venda dos produtos da Confraría
- Gobernanza: liñas de negocio - Estudo de usos e aproveitamentos da nova instalación da Lonxa de Canido
- Gobernanza: liñas de negocio - Videovixilancia online das prazas de amarre: Mellora da seguridade na Mariña Deportiva de Bouzas para favorecer o aluguer e cesión de amarres e á vez facilitar o traballo e eficiencia do persoal propio da Confraría
Reforzo das comunidades no desenvolvemento local e da gobernanza, dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais
Poñer en práctica instrumentos para conseguir un maior empoderamento do sector para acadar un maior desenvolvemento da zona pesqueira
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)