Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Xornada de sensibilización ambiental

Durante os días 23 de setembro e 2 de outubro de 2021, tiveron lugar en Nigrán dúas actividades de sensibilización ambiental.

A primeira consistiu na inauguración dunha escultura a tamaño real cun 90 % de lixo mariño, que forma parte da iniciativa "Vive Sostible". Esta escultura está situada diante do Monte Lourido en Praia América. Á inauguración acudiu Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, Juan González, alcalde de Nigrán, Juan Rivas, director do festival, Hugo Pérez, o delegado de Aqualia, Jose Luis García Ibáñez, Antonio Cortés de Gadisa, José Antonio García, director de López Real 09 S.L.  e Alfredo López, membro da Xunta Directiva do GALP Ría de Vigo-A Guarda.

Esta escultura presta especial atención ao medio mariño, e pesa mais de 400 Kg, ten 5,60 m de longo e 1,70 m de alto. Está realizada con residuos plásticos de orixe mariño e representa unha cría de cachalote bautizada como Balmi, pola súa ubicación no Val Miñor.

Estes residuos foron recollidos das praias galegas. 

O día 2 de outubro realizouse unha limpeza da praia de Patos (Nigrán) grazas a voluntariado da zona. Ao finalizar a recollida de lixo, Alfredo López, membro da Xunta Directiva do GALP Ría de Vigo - A Guarda, realizou un simulacro dun golfiño na praia de Patos